Como todos os anos, no centro participamos no concurso Muralla de Lugo do concelllo de Lugo. Aquí tedes unha pequena mostra.
Como todos os anos, no centro participamos no concurso Muralla de Lugo do concelllo de Lugo. Aquí tedes unha pequena mostra.
A semana pasada, dentro do proxecto "TE-BEO. BANDAS INTEGRADAS", recibimos a LUCÍA E ISMAEL, os pais de Manuel, que viñeron a falar a toda a clase de como xogaban cando eles eran uns nenos. Foi unha experiencia marabillosa na que ademais xogaron a eses xogos con nos; pasámolo estupendamente todos xuntos. Moitas grazas por vir a compartir o voso tempo e o voso coñecemento!
Na hora do conto o alumando de infantil recibiu a ESTEFANÍA, que nos leu "A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill, unha historia chea de amistade e humor. Ademais contamos coa sorte de que tamén leu "OVELLIÑA, DAME LA" de Isabel Minhos Martins, historia sobre todo o que se pode facer coa la. Quedaos todos moi contentos, moitas grazas mamá!!!
O alumnado de 5º de Ed. Primaria realizou unha visita ao estadio Anxo Carro para ver o entreno do primeiro equipo da cidade que milita na 1º RFEF. Os nenos e nenas estiveron cos xogadores e tamén na sala de prensa.
Unha nova mamá veo ao centro a contarnos un conto, veu LETICIA! coa historia de "TROGODITA" de Paula Merlán sobre unha trogodita chamada Alicia que soña con ser unha gran ilustradora. Moitas grazas mamá pasámolo xenial!
O alumnado de Educación Infantil investigou ao longo das semanas o mundo da discapacidade visual, dentro do proxecto levado a cabo no centro, a través de videos, contos en braille, e experimentando co sentido do tacto, gusto, oído e olfacto o día a día das persoas con dita discapacidade. Todo grazas a mestra SARA, que sabe moito e compartiu os seus coñecementos.
Estamos ledos de recibir a MÓNICA, nesta ocasión o conto elexido foi "LA CUEVA" de Rob Hodgson, unha fermosa historia sobre unha cova que tiña un pequeno habitante, chea de sorpesas. Moitas grazas mamá por contarnos este conto!
Dentro do proxecto que se leva a cabo no centro, o alumnado de 3º Ciclo de Primaria, tivo unha charla informativa e de sensibilización por parte da ASOCIACIÓN FADEMGA, asociación que traballa pola inclusión de persoas con discapacidade intelectual.
Neste mes de marzo celebramos o "DÍA DA POESÍA", dende os diferentes equipos do centro convocamos, como non podía ser doutra forma, un certame de poesía. Seguindo coa temática das bibliotecas escolares de este ano, dedicada á banda deseñada ou cómic na honra de F. Ibáñez, a norma establecida era usar algún ou algúns personaxes de F. Ibañez nos poemas.
Ademais recibimos no centro ao poeta XESÚS TRASHORRAS. Autor lucense que realizou co alumando de 6º de E.P. una sesión de recitado de poemas escritos polo propio autor.
AGRADECEMENTO DE XESÚS TRASHORRAS
Xesús Trashorras, compañeiro e poeta, adicounos estas palabras nas redes. Agradecemento que tamén lle devolvemos dende o cole.
Estamos ledos ver de novo polo colexio a PAULA, nesta ocasión gozamos do conto "LAS JIRAFAS QUE NO PUEDEN BAILAR" de Giles Andree, unha historia dunha xirafa que quere ir a un concurso de baile, poderá bailar Chufa? Moitas grazas por volver mamá!!!