O dia 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia logo de traballar, ao longo do curso, valores como tolerancia, respecto, igualdade, inclusión... para entender o significado deste día tan especial.
Os días previos, os máis pequen@s recortaron e colorearon pombas con mensaxes de paz para decorar o colexio.
Os maiores leron o libro "Sadako e as mil grúas de papel" e fixeron grúas que representan a paz no mundo.
Seguindo co noso proxecto: "A Volta ao Mundo", fíxose un mural coas bandeiras do mundo, especialmente dos países dos nen@s que temos no colexio.
O propio día , todo o colexio unido, cantamos e representamos a canción de Juanes:"Paz, Paz,Paz". E para rematar lemos o poema de Neira Vilas "Cantarela dos Nenos".
VIDEO IMAXES PARA A PAZ
Corto basado no libro Sadako e as mil grúas de papel de Eleanor Coerr
Pincha no enlace para ver fotos e videos sobre a Paz.
https://drive.google.com/drive/folders/
1DEgzmFqVmP7IomORQX76R54hyfv4BiDc?