SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
PROPOSTAS
Co motivo da Semana das Letras Galegas que neste ano está adicado ao escritor ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS, o EDLG e o E. da Biblioteca, propoñemos as seguintes actividades:
E.INFANTIL
Debuxos sobre os distintos oficios tradicionais galegos: labreg@s, pescador@s, mariscador@s, ferreir@s, oleir@s, zoqueir@s, cesteir@s, afiador@s, tecelás, canteir@s…cunha referencia ao oficio e as ferramentas utilizadas.
1º-2º CURSO PRIMARIA
Traballos sobre o traxe rexional galego: as súas pezas cos seus nomes, para home e para muller. Posibilidade de facer un photocall.
3º CURSO
Recollida de cantigas, adiviñas, ditos, refráns… da nosa tradición oral, con debuxos alusivos.
4º CURSO
Investigación sobre Santuarios e Romarías de Lugo e a súa provincia…con debuxos alusivos.
5º CURSO
Mural cronolóxico dos principais escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas.
6º CURSO
Biografía e liña do tempo sobre Antón Fraguas Fraguas, autor homenaxeado neste ano.
SECCIÓN BILINGÜE
Traballo Plástico sobre Antón Fraguas.
OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS:
Durante a Semana das Letras Galegas, contaremos coa presenza dunha cesteira, dun Ferreiro, dunha oleira e dunha tecelá, que nos explicará o proceso de elaboración do liño.
RECOPILACIÓN DE TRABALLOS
TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA
A semana do 6 ao 12 de maio celebrouse en Lugo a Semana da Maxia. No colexio tivemos un mago excepcional que nos fixo pasar pasar unha hora máxica.
Fai click no enlace para ver as fotos.