A literatura é un dos mellores camiños para aprender valores, así que na nosa biblioteca tivemos ultimamente unha selección especial de libros sobre igualdade que puidemos ler na aula e tamén levar para a casa.
O conto Rosa Caramelo, de Adela Turín, ensínanos que a igualdade é o que nos fai libres e anímanos a rachar cos estereotipos para ser nós mesmas/os. Ollade para aquí que debuxos tan bonitos fixeron as e os artistas de 6° de EI para ilustrar esta historia tan valiosa.