Un curso máis chega ao remate. O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega agradecemos a colaboración de todo o alumnado e profesorado en todas e cada unha das propostas que achegamos.
ENTREGA DE PREMIOS "O MAIS LEÓN".
Dentro do proxecto Lectómetro, os nenos e nenas que máis leron recibiron diplomas e agasallos: axendas, marcapáxinas, libretas da biblioteca, chapas...Pero como tod@s leron moito, recibiron un diploma por curso.
PREMIO TRADESCOLA
As alumnas de terceiro B Xiana Polín Castro e Noa Veiga Núñez de segundo B, foron finalistas no VII Certame de Debuxo de Instrumentos Tradicionais da Tradescola. Fixeron entrega dun lote de libros e CDs para a Biblioteca do colexio. Elas recibiron un diploma e unha mochila con libros. Parabéns para Xiana e Noa.
UN MUNDO DE RECEITAS
Dentro do Proxecto A volta ao Mundo, elaboramos un libro de receitas típicas dos países traballados.
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN