Curso 2019-20

Tarefas de música de segundo da semana do 14 ao 18 de Abril

Boas rapazas e rapaces! Nesta semana imos xogar cos ritmose coas cores. Preguntarédesvos o que vos estou pedindo pero é moi divertido. Xa veredes.

Primeiramente collede catro folios, pos-it, cartoliñas de cores (se non tedes, podedes pintar vos 4 cadrados).

As cores van ser: vermella, amarela, verde e azul. Poñédelas nesa orde enriba da mesa e de esquerda a dereita.

Antes de comezar co exercicio, imos visualizar como se fai, no seguinte vídeo

  (vídeo explicativo do exercicio)

 

Despois de ver o vídeo anterior, ides practicar vós na casa e repetir o ritmo que vos fan no seguinte vídeo:

(vídeo exercicio musical)

 

Acordádevos de prestar atención e de ver ben o que fai a vosa compañeira virtual primeiramente...despois dela, será o vos turno. Ánimo!

 

Repasamos os ritmos de negra, corcheas e silencio de negra no seguinte xogo interactivo:

 

 

Recordade que hai dous pulsos no compás e se non soa nada, seguramente, teremos que por o silencio...Veña, darlle click ao altavoz e repetide o xogo varias veces e a ver cantos ritmos acertades.

 

Seguimos coas notas musicais e para elo, deixovos unha ficha moi sinxela para que as traballedes e saibades ben en que parte do pentagrama se colocan. (Descarga o ARCHIVO adxunto)

  

Finalmente, acabamos cun baile no que movemos todo o corpo e vos vai gustar moito. Xa veredes!!!

 

 

Parabéns na hora de comer... na corentena

Dende hoxe podedes escoitar en Radio Garabullo un novo programa de "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer". Un programa moi especial pois está feito dende a casa. Rosalía e Brais os vosos locutores favoritos queren felicitar en nome de todos aos nenos e nenas que cumpriron anos dende o último programa, o 9 de marzo, ata hoxe. Este é o primeiro desta corentena, aínda que coma sempre, seguirá emitíndose todos os luns. Non deixedes de escoitalo!!

Tarefas de primeiro para a semana do 14 o 18 de Abril

 

Boas rapazas e rapaces! Esta semana imos recordar o RITMO. Para elo, deixovos un enlace onde podes repetir os TA e TI-TI (negras e corcheas) coas vosas mans ou calquer instrumento que teñades a man. Veña!

Se non vos sae moi ben, podedes repetilo tantas veces coma vos sexa posible. Incluso, se vos sae, podedes facer as negras (TA) cunha palmada e as corcheas (TI-TI) cun instrumento/parte diferente do corpo ou viceversa.

 

 Despois imos recordar as diferentes familias de instrumentos. Para elo, convídovos ao taller dun mago que vos vai axudar.

 

 (xogo familia instrumentos)

 

Finalizamos co rock da BANDA DE MÚSICA BANDEIRA! Para que cantedes, acompañedes e saltedes co tema “A Música Segue”.

Veña!Que non decaía a festa nos vosos fogares!!!

 

Tarefas infantil do 14 ao 18 de Abril

Boas rapazas e rapaces! Aquí vos deixo unha canción suuuuuupperrrrrr molona para que toquedes cos instrumentos que me mandástedes en semanas anteriores.

Fixérona, nada máis e nada menos, que a BANDA DE MÚSICA DE BANDEIRA!!! GUAU!!!

Elxs tamén fican na casa coma vós, pero A MÚSICA SEGUE!. Pasan o día amenizando os fogare, asíque vós, tamén vos podedes unir á festa.

O seu rock serve para que acompañedes, cantedes, saltedes...e de seguro que ides atopar moitas caras coñecidas. Fixádevos ben....poñede moito ollo! Jajajaj

 

 

 

Despois imos xogar cos sons graves e agudos.  A ver que se conseguides dominar a varita máxica da música! Ánimo!

Actividades correspondentes á semana do 14 ao 18 de Abril

 Descarga o archivo adxunto para acceder ao plan de traballo correspondente á semana do 14 de  ao 18 de abril.

Non vos esquezades de vistar tamén os apartados dos mestres e mestras especialistas así como o de Orientación as propostas da mestra de PT (María Jesús).

Un saúdo

Jesús

Propostas de PT para semana do 14 o 18 de Abril

 

Propostas  para a semana do 14 ao 18 de abril

 

-          Xogos de Lingua, linguaxe e literatura :

 

ortografía, gramática e vocabulario.

(Preme nna imaxe e accede o xogo)

 

 Análise sintáctico e morfolóxico de oracións.

(Preme na imaxe e accede o xogo)

 

          Xogos e videos explicativos de matemáticas:

 

 Vídeo explicativo “Aprendiendo a multiplicar

 Para practicar as tablas de multiplicar

Practicar a división:  explicación, vídeos e exercicios para 3º de Primaria


 

    Recursos en galego: tarefas de comprensión (comprensión lectora de oracións partindo de imaxes, ler e sinalar a opción correcta; ler textos  e responder preguntas, completar oracións e  asociar imaxes cun texto escrito ).

 

Pasatiempos: sopa de letras de campos semánticos

Xuntos nas Ondas

Hoxe nace un novo programa en Radio Garabullo: "Xuntos nas Ondas". Un programa que pretende o obxectivo de manternos en contacto neste tempo de corentena. Se pinchades na imaxe podedes acceder a máis información e máis abaixo podedes escoitar o programa número 1.

Contamos coa vosa participación!!

 

 

 

#EuQuedoNaCasa

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa sabedes que a profe Blanca lanzou un reto. "Facer un molinete" tinguindo as nosas casas de azul. Era un xeito de amosar o noso apoio aos nenos e nenas con autismo que tamén teñen que quedar na casa, pese a todas as dificultades que implica.
Nós, todos os profes e os que formamos parte da familia do cole, tamén quixemos sumarnos a este reto pero pensando tamén en vós e no moito que vos botamos de menos.
Agardamos que este vídeo vos guste moito. Foi feito con todo o noso cariño e admiración a vós, os nosos nenos e nenas, que sabedes adaptarvos a todas as situacións.
Seguide a mensaxe do "Día Mundial do Autismo"

PODO APRENDER, PODO TRABALLAR.
Parabéns a todos polo voso esforzo


#EuQuedoNaCasa

 

ACTIVIDADES 03-04-20

Bo día,

imos coas últimas tarefas do trimestre.

NOTA: 

SOLUCIÓNS 1: actividades anteriores.

SOLUCIÓNS 2: actividades de hoxe.

En arquivo adxunto, envío algunhas lecturas para estes días.

HOY UN LECTOR, MAÑANA UN LÍDER!

Lede o que queirades pero lede!

LENGUA CASTELLANA

Lectura pág. 165, activ. 1, 2 y 6.

Pág. 166 nº 3 y 5. Pág.167 nº 2

MATEMÁTICAS

Pág. 158 nº 4 (primero los pasamos todos a la misma unidad), nº 8

Pág. 159 nº 11 (las 2 primeras)

LINGUA GALEGA

Ficha Tema10

Doc. Adxunto

SOCIAIS

Responder ao TEST. (intentalo sen mirar polo libro)

Ver adxunto.

SOLUCIONES 1

LENGUA CASTELLANA

Pág. 160  Nº 3

Sobre la mesa hay varios objetos: dos bolígrafos, un lápiz, una goma, un sacapuntas, dos libros y un cuaderno.

En el botiquín guardamos estos artículos: una caja de tiritas, alcohol, esparadrapo, algodón, un vaso y unas tijeras.

Pág. 161 nº6

El profesor nos dijo: “Que tengáis unas buenas vacaciones”.

Nº10

Queridos abuelos:

Pronto iremos a pasar unos días allí con vosotros. Tengo muchas ganas de veros a todos: a vosotros dos, a los primos y a los tíos.

Un beso muy fuerte.

Almudena.

MATEMÁTICAS

Pág. 155 nº4 (María y Carlos)

María: jarra llena 500 cm3 de agua. = 500 ml = 50 cl. (NO TE OLVIDES DE LA ESCALERA)

(RECUERDA: 1 cm3 = 1 ml)

Carlos, 8 bricks – 1 brick = 125 ml. / 8 x 125 = 1.000 ml = 1.000 cm3 de nata = 1 dm3

1 dm3 = 1 l – Carlos ha comprado 1 litro de nata.

Pág. 158 nº 9

3,5 dm3 = 3,5 l = 350 cl                              53 l = 53 dm3 = 53.000 cm3

200 cm3 = 0,2 dm3 = 0,2 l                          0,08 kl = 0,08 m3 = 80 dm3

500 dm3 = 500 l = 0,5 kl                             0,6 cl = 6 ml = 6 cm3

180 cm3 = 180 cl = 18 dl                            970 l = 970 dm3 = 0,970 m3

LINGUA                         

Ficha aprendo 1

4 CD: Fixémolos onte na biblioteca.

CD. O xefe chamounos esta mañá (personas)

CI. O alcalde entregaralle as chaves da cidade.

CI. Ese mecánico arránxalles moitas bicicletas.

5 ARGUMENTO: Remedios, unha rapaza valente  e decidida, marcha soa ao bosque. Desexa ver tobos, covas, lagoas e moitas outras cousas. Internándose na intensa vexetación, chegará a un claro. Alí descubrirá un poboado especial composto por moitos personaxes: fadas, gnomos, mouras e otros seres fantásticos que conviven felices.

Páx. 159 nº 1

UNIÓN EUROPEA : UE / Boletín Oficial del Estado: BOE / Número de Identificación Fiscal : NIF

Nº2

Os vecinos de meus tíos parecen simpáticos.

Os meus amigos e eu somos inseparables.

Aldara, Mateo, Guillermo e ti estudades moito.

As xirafas e as cebras viven en África.

Lembrade que o predicado NOMINAL constrúese cos verbos ser, estar ou parecer.

Nº 4

Paisaxe               lentellas             semellante        consello             xaponesa

Excursión           axeonllar           mexillón             enxesar              suxeitar

SOCIAIS

O FERROCARRIL

1.      

No Reino Unido entre Darlington e Stockton. / en Cuba, facía a ruta A Habana – Güines. / A de Barcelona-Mataró. / Compoñíase de 24 coches cunha capacidade para uns 900 viaxeiros. / Supuxo un grande avance económico para un país que comezaba a súa revolución industrial.

2.      

Isabel II. / Feitos: 1 estalou a guerra carlista. 2 Produciuse unha revolución.

3.      

O ferrocarril, os altos fornos, o barco de vapor e máquina de fiar.

4.      

….

5.      

Clase alta: aristocracia e burguesía. / clase media: pequeño empresario e profesores. /Clase Baixa: obreiros e campesinos.

SOLUCIONES 2 (actividades de hoy)

LENGUA CASTELLANA

Pág. 165 nº 1

La acción transcurre en Liliput, por la mañana.

Nº 2

Gulliver llegó a Liliput nadando. Mientras dormía lo ataron, sujetándole las piernas, los brazos, el cuerpo y el pelo, de forma que no le era posible moverse.

Nº 6

Sí, porque en el texto se dice “según me dijeron después, resultaron heridos de las caídas que sufrieron.”

Pág. 166 nº 3

Claudia llamó a su hermana. / Yo lo guardé en el cajón. / (sustituye libro, por ejemplo)

Escribimos una canción para el festival. / Luis me dio un gran susto.

Nº 5

Puse las zapatillas debajo de la silla. / Mira dibuja bien. / La llamé a su casa muchas veces. / Ayer hice los deberes con mi compañero. / Nos iremos de viaje mañana. / Partimos la tarta con el cuchillo.

Pág.167 nº 2

SUJETO NO TÁCITO: Marta y Juan                         PREDICADO NOMINAL: están muy contentos

SUJETO NO TÁCITO: Aquel ciprés del parque      PREDICADO NOMINAL: es octogenario.

SUJETO TÁCITO: Ellos                                 PREDICADO VERBAL: ese día se divirtieron mucho.

MATEMÁTICAS

Pág. 158 nº 4

45.000 cm3 = 45 dm3     0,04 m3 = 40 dm3            0,04 m3 < 44 dm3 < 45.000 cm3

0,009 hm3 = 9.000 m3    0,9 dam3 = 900 m3          0,9 dam3 = 900 m3 < 0,009 hm3

28.000 dm3 = 28.000 l     28,3 kl = 28.300 l     27,9 m3 = 27.900 dm3 = 27.900 l

27,9 m3 < 28.000 dm3 < 28,3 kl.

Nº 8

Amarillo: 4 x 8 x 2 = 64 cm3 = 0,064 dm3 = 0,064 l.

Azul: 7 x 3 x 3 = 63 m3 = 63.000 dm3 = 63.000 l

Rojo: 5 x 5 x 5 = 125 dm3 = 125 l

Pág. 159 nº 11 (las 2 primeras)

Caja: 20 x 12 x 9 = 2.160 cm3 = 2,16 dm3 = 2,16 l

Recipiente: (los cubos tienen todos los lados iguales) = 4 x 4 x 4 = 64 dm3

64 dm3 = 64 l = 6.400 cl

LINGUA GALEGA

FICHA 1

Nº 1

1.      

Á avoa (CI). Ana levoulle o regalo de aniversario.

2.      

O enderezo (CD). Non o tivo que preguntar.

3.      

As fotos de París (CD). Cando as ensinarás?

Nº2

En Muxía, de lugar / pola tarde, de tempo / de maravilla, de modo / moitísimo, de cantidade.

Nº 3

Cun rotulador (CC instrumento), escribiu (Núcleo), o seu nome (CD)

Despois (CC tempo), entregará (Núcleo), o traballo (CD) ao titor (CI)

Vive (Núcleo), en Boiro (CC de lugar), cunha tía (CC compañía)

FICHA 2

Nº1

Benqueridos alumnos e alumnas:

Lémbrovos que pasadomañá, tal e como estaba programado, faremos unha excursión para coñecermos o porto da vila. Realizaremos as seguintes actividades: coñecer un barco por dentro, observar o traballo na lonxa e visitar o museo ao aire libre das redeiras. Non esquezades traer bocadillo, auga, calzado deportivo e roupa de abrigo porque se prevé un día frío.

Nº 2

Para pintar este cadro precisas tres cores: a marela, a verde e a azul.

Porque hai un anuncio previo da enumeración de cores.

Nº 3

Coidado, o chan está esvaradío!

O luns, Día das Letras Galegas, non hai clase.

SOCIAIS

TEST.

1.      

A

2.      

A

3.      

C

4.      

B

5.      

B

6.      

B

7.      

B

8.      

A

9.      

A

10.  

B

 

 

 

 

 

 

Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil e Día Mundial do Autismo

 

Neste 2 de Abril do 2020, o CEIP Ramón de Valenzuela convídavxs a celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Autismo a través dunha recomendación músico literaria.

Animádevxs a subir ao tren festeiro  da familia María Fumaça. E xa veredes que co “Aire” que desprenden, levaremos moito mellor o confinamento.

Axudarannos a comprender a necesidade de moitxs nenxs autistas que precisan sair á rúa para poder avanzar no seu desenvolvemento diario nesta situación tan diferente.

Para elo, xa que non podedes asistir á biblioteca para disfrutar do libro físico, deixámosvos os enlaces das súas cancións:

 

·         https://www.youtube.com/watch?v=l8oikT8l-Vc (Aire)

·         https://www.youtube.com/watch?v=Sa7OVtZi5ik (Ven Comigo)

·         https://www.youtube.com/watch?v=OptIu0jyiIE (A horta da Balbina)

·         https://www.youtube.com/watch?v=qwPZK8Ku_7o (O meu barco)

·         https://www.youtube.com/watch?v=YCyuC6YD3JI (Suite en Rui Maior)

·         https://www.youtube.com/watch?v=E7IZMSJ_xVo (Rocanrol)

·         https://www.youtube.com/watch?v=7L0814SI1rk (Dona Matilica)

·         https://www.youtube.com/watch?v=y3c1MVNdzs4 (Son Malote)

·         https://www.youtube.com/watch?v=1IIS8GNVA40 (Pedro Chosco)

·         https://www.youtube.com/watch?v=YHCDwui31P0 (Apertando)

·         https://www.youtube.com/watch?v=8BUeziidZyg (Como ti queiras)

·         https://www.youtube.com/watch?v=MZbGPyBNlaA (Os sentidiños)

·         https://www.youtube.com/watch?v=vac7MtWQWbs (Neno Caníbal)

·         https://www.youtube.com/watch?v=z2Hf8NmMkWI (Just you and me)

·         https://www.youtube.com/watch?v=K0znGtbO2fc (Canción da Marioneta)

·         https://www.youtube.com/watch?v=gLaRQzhpknI (Gústame Xogar)

·         https://www.youtube.com/watch?v=UCcwYtvIKGo (Zapato no pé)

·         https://www.youtube.com/watch?v=FjtjFYOuKpw (Máquina do amor)

Cando remate este confinamento, animádevos a compralo ou a desfrutar del na biblioteca porque trae moitas marabillas visuais e inclusive, un DVD KARAOKE!!!

 

Finalmente, baseándonos na materia de plástica, propoñémosvos unha GRAN IDEA.Collede papel e debuxade no mesmo coa cor AZUL o que vos apeteza. Tamén podedes recortar pedaciños de papeis para crear un collage ou tirar de folios de cores.

Animádevos a fabricalo e a conmemorareste día para tinguir de AZUL tódalas fachadas!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet