CP-Inclúe

Obradoiro de ioga e técnicas de relaxación

Neste mes de xuño levaronse a cabo distintas sesións de relaxación coa colaboración de Marta, aquí tedes algunha imaxe das distintas sesións e esperamos que os nosos nenos apliquen algunha das técnicas aprendidas.

Mascotas emocionais

Ao longo do curso, traballamos as emocións con distintos monstruos emocionais, e finalmente adoptamos como mascotas emocionais do centro os que se amosan na seguinte imaxe.

Circulos

En todalas aulas traballaronse practicas restaurativas, a través de círculos. Os temas que se traballaron foron desde as distintas emocions, a temas propostos polos nenos ou polo centro como as distintas conmemoracións.

Andaina solidaria

Por fin chegou o gran día. Hoxe tivemos a nosa carreira solidaria a favor da investigación da cura da leucemia infantil, todo o recaudado será donado para tal fin. Os nosos nenos e nenas e as suas familias fixeron un gran traballo. Ademais, tivemos unha xornada de convivencia, acompañada dunha merenda saudable.

Damos o parabén por ese incrible esforzo!

Obradoiro emocións

Nunha sesión impartida pola psicologa do concello, os nenos de 5 e 6º de primaria desenvolveron estratexias relacionadas coa empatia e o respecto, e descubriron información que descoñecían dos seus compañeiros.

O cómic e as emocións

 

Nesta formación aprendimos qué tipo de comics hai, como se debuxan as personaxes e as súas emocións, como facer os diálogos, creamos un cómic entre todos (cadáver exquisito), aprendemos a mesturar cores para chegar a novas creacións,... Un montón de actividades coas que pasamos un momento divertido, de creación e aprendizaxe.

Aquí tedes un video resumo:

https://www.youtube.com/watch?v=71uVKO11W7s&t=2s

Contos emocionais e habilidosos

 

Ao longo do curso o alumnado de 2º traballou as emocións e as habilidades sociais. Neste terceiro trimestre, levaron os seus traballos ás outras aulas e mesmo a radio.

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/06/mais-contos-de-2.html

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/o-conto-de-clara-gabriel-e-hugo-de-2.html

Expresión das emocións. Obradoiro Cristina Collazo.

 

Gracias a Cristina Collazo tivemos a oportunidade de formarnos alumnado e profesorado en expresión corporal para transmitir emocións, a través de xogos e improvisacións. No seguinte enlace podedes ver parte dos exercicios levados a cabo.

Radio na Biblio con Cristina Collazo (youtube.com)

Parabéns na hora de comer

Este ano iniciouse unha actividade igualadora en colaboración co comedor: a celebración dos aniversarios. Cada dous meses, celebraremos os aniversarios dos alumnos e dos mestres cun postre especial, cunha tarta cos nomes dos homenaxeados neses meses.

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/parabens-hora-de-comer-e-curiosidades.html

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/03/parabens-hora-de-comer-e-curiosidades.html

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/11/parabens-hora-de-comer-e-curiosidades.html

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/1359

Europa, multiculturalidade e tolerancia

O pasado 9 de Maio celebrouse o Dia de Europa, data na que se celebra a unidade e a paz en Europa. O alumnado de 6º foi elaborando ao longo do curso deferentes elementos para amosar nesta data. Murais sobre elementos da paisaxe, a multicultuuralidade de Europa atendendo a gastronomía, relixións, festividades, etc.

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/dia-de-europa-polo-alumnado-de-6.html

Powered by Drupal - Design by artinet