CP-Inclúe

Día contra o acoso escolar

 

O pasado 2 de maio foi o día internacional contra o acoso escolar. Para conmemorar esta data, o alumno de 2º foi polas distintas aulas para presentar un corto relacionado coa temática e plantexaron preguntas o público para comprobar se estiveron atentos.

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/convivimos-2-de-maio-de-2024.html

Libros que alimentan

Entre as distintas actividades que se realizaron para festexar este dia (intercambios lectores, recomendacións lectoras,etc...) colaboramos especialmente na actividade Libros que alimentan, consistente en intercambiar alimentos perecereiros por libros que xa non se empregan, mais están en bo estado e merecen unha segunda vida. Os alimentos recaudados donáronse aos servicios sociais do concello para que os distribuan entre aquelas familias mais necesitadas.

A continuación, preséntanse os enlaces coas imaxes das distintas actividades:

  1. Libros que alimentan

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/e-os-libros-alimentan.html

  1. Libros que alimentan photocall

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/04/libros-que-alimentan-2024.html

  1. Apadriñamentos lectores

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/apadrinamentos-lectores.html

  1. Recomendacións lectoras

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/04/as-recomendacions-lectoras-da-semana-do.html

  1. Lecturas en familia

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/xornada-en-familia-para-conmemorar-o.html

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/04/lectura-e-familia-con-mariela.html

 

Día de concienciación do autismo

O pasado 2 de abril tivo lugar unha actividade de conciención sobre o autismo en colaboración coa Asociación Aupa Deza.

Ademais de cortos relacionados coa temática, todos os nenos disfrutaron do photocall, a continuación, unha escolma cos mellores momentos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/1398

8M

Co motivo desta conmemoración o alumnado que é Axudante de Biblioteca, elexiu e recomendou unha serie de libros con relación a esta temática  

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/03/libros-polo-8-de-marzo.html

Os alumnos de 5EP  fixeron unha actividade aunando esta conmemoración coas novas tecnoloxías 

 

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/03/8m-e-os-escornabots.html

E tamén tivemos un obradoiro en familia sobre cometas pola igualdade.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/1390

Charlas Plan Director

Este ano, o alumnado de 5º e 6º recibiu formación do plan director sobre acoso escolar, ciberseguridade, violencia de xénero e igualdade. Ademais, as familias do centro tamén tiveron a oportunidade de recibir estas charlas e plantexar as dúbidas que puidesen ter.

Dia escolar da Paz e Non Violencia

Para celebrar este día, tivemos diferentes actividades:

-Lecturaspola paz https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/02/lecturas-pola-paz.html

-Elaboración do tren da paz. Cada clase decorou un vagón aportando simboloxía relacionada coa paz, o respecto, a igualdade, o coidado do medioambiente, a diversidade, a amizade, o amor, etc.

3D-Día Internacional das persoas con discapacidade

O día 3 de decembro foi o "Día Internacional das persoas con discapacidade". Dende o cole, grazas aos compañeiros e compañeiras de 4º, quixemos aproveitar esta conmemoración para ver máis de preto as dificultades coas que estas persoas se atopan a diario.

Recibimos a visita de usuarios e traballadores sociais de COGAMI (asociación que presta apoio ás necesidades das persoas con discapacidade, con centro en Medelo).

Foron varias as actividades que fixemos dependendo dos cursos. Así houbo: contacontos; actividades sensoriais grazas as que vivenciamos as dificultades que teñen aquelas persoas que carecen do sentido da vista, a mobilidade, etc; actividades de linguaxe signada e de braille; actividades de mobilidade reducida... Tamén falamos do seu do seu día a día, de como era o seu centro,...

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres

O alumnado do Ceip Ramón de Valenzuela recreou duas situacións diferentes sobre os roles de xénero. Unha situación errónea e a mesma, pero en positivo, dende o respecto e a igualdade.. No seguinte enlace podedes ollar o resultado:

 

https://youtu.be/lsvTd0N1Wi8

O día da infancia

O alumnado de 5º de EP fixo un grandísimo traballo de investigación sobre esta data na que se busca promover o benestar e os dereitos dos nenos e nenas, así como recordar a importancia de asegurar unha infancia sa e feliz para todos.

A información plasmouse nun mural accesible para a comunidade educativa e a través dun programa de radio dispoñible no seguinte enlace:

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/11/dia-da-infancia.html

Conxura de Samaín

Este ano no cole, para festexar o Samaín levamos a cabo unha conxura moi especial, con verbas para afastar o negativo e atraer o positivo. Por exemplo atraendo valores como a Paz, a tolerancia, a igualdade, a vida saudable, etc.

No seguinte enlace podedes consultar as conxuras https://drive.google.com/file/d/1b0wljy73jXJ9NaxdFzR_vbm2tzTgiPxb/view

 

e no seguinte enlace podedes ver o resultado final: https://www.youtube.com/watch?v=dKF3-PGyq6A&t=7s

Agardamos que vos guste.

Powered by Drupal - Design by artinet