O día 3 de decembro foi o "Día Internacional das persoas con discapacidade". Dende o cole, grazas aos compañeiros e compañeiras de 4º, quixemos aproveitar esta conmemoración para ver máis de preto as dificultades coas que estas persoas se atopan a diario.
Recibimos a visita de usuarios e traballadores sociais de COGAMI (asociación que presta apoio ás necesidades das persoas con discapacidade, con centro en Medelo).
Foron varias as actividades que fixemos dependendo dos cursos. Así houbo: contacontos; actividades sensoriais grazas as que vivenciamos as dificultades que teñen aquelas persoas que carecen do sentido da vista, a mobilidade, etc; actividades de linguaxe signada e de braille; actividades de mobilidade reducida... Tamén falamos do seu do seu día a día, de como era o seu centro,...