Skip to Content

Animación á lectura

Rematamos a SEMANA DO LIBRO

Para rematar coa SEMANA DO LIBRO presentamos:

Aprendices visuales: unha web que aporta contos con pictogramas de balde.

 

Lo que leo en casa: a editorial Santillana trae contos para viaxar a lugares extraordinarios.

 

Esperamos que disfrutedes destes contos!

Unha sorpresa moi especial polo DÍA DO LIBRO

Hoxe é o DÍA DO LIBRO, e unha profe e unha mamá do cole prepararon unha sorpresa moi especial para todos nós. Estades preparados?

Primeiro, temos un conto xenial que xa algúns coñecedes: O coelliño branco

 

E agora, unha das aventuras do Gatiño Perico!

Esperamos que disfrutedes destes contacontos tan especiais!

Seguimos coa SEMANA DO LIBRO

Este ano, na biblioteca apareceron unha chea de libros novos. Pero, como non podemos ir ao cole a lelos, imos escoitalos!

El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa

 

A vaca que puxo un ovo

 

Las princesas también se tiran pedos

Comezando a SEMANA DO LIBRO!

Os contos permiten adentrarnos a un mundo de ilusión e fantasía e aumentan a nosa creatividade, aspecto moi importante no desenvolvemento dun neno. Dende o @ceipparadai estamos sempre intentando que os nosos/as alumnos/as gocen da lectura, pero tamén nos parece importante potenciar a escoita e a comprensión oral por iso tamén realizamos moitas actividades de contacontos.

Agora que estamos nas nosas casas parécenos importante seguir a traballar eses aspectos por iso gustaríanos recomendarvos o instagram de @kalandraka no que podemos atopar moitas historias que nos  alegrarán os nosos días de cuarentena.

Esta editorial ten tantos contos!

Teñen un chamado 'Veo, veo'

Outro chamado 'A cebra Camila'

E outro chamado 'El pequeño conejo blanco'

E aínda quedan moitos por descubrir!

Día do Libro Infantil

Hoxe foi o día no que celebramos a orixe do amor pola lectura, os LIBROS INFANTÍS.

Estes libros axúdannos a descubrir este mundo, e outros moitos, dende que somos pequenos. Con eles aprendemos a soñar o imposible e a viaxar sen saír do sofá.

Como non podemos ir á biblioteca do cole, que vos parece se no lo len unas contacontos estupendas?

La pequeña oruga glotona

Este conto seguro que xa o coñecedes, pero esta profe do CEIP SAN GARCIA (Cádiz) o conta dun xeito moi especial que espero que vos guste.

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Agora un conto en galego! Este conto está convertido nunha película! Pero ten algo distinto, non? Esas voces que escoitades son as dos nenos do CEIP A Carballeira de Lourizán (Pontevedra).

I Know an Old Lady Who Swallowed a Fly

E, para rematar… un libro convertido nunha canción en inglés? Cantado por The Learning Station.

Esperamos que vos gusten!

Feliz Día do Libro Infantil!

 

 

 

 

 

Lecturas compartidas 1º - 5º curso

Seguimos co noso programa de Acompañamento Lector,un tempo no que os maiores do cole que son padriños e madriñas do alumnado de cursos inferiores ,comparte lecturas na Biblioteca .

Resulta moi gratificante ver estes momentos de aprendizaxe e compañía

 

..

A investigadora investigada

Este ano, os rapaces e rapazas do CEIP Paradai, tiveron que investigar a vida de oito científicas para atopar á investigadora investigada.

Atrevédesvos a facelo na casa? 

Este luns publicaremos a resposta correcta. Cantos acertarán?

 

 

 

 

Lecturas cooperativas

Este ano temos unha fermosísima biblioteca nova así que, cómo non utilizala no tempo do Plan Lector? 

Os máis pequechos e os máis grandes do cole xúntanse todos os días para ler en coompañía. 

Quen será o máis león?

Este trimestre imos facer un pequeno concurso para ver que ciclo é o máis león!

Cada neno que colla un libro na biblioteca, pintará un dos libros do lectómetro.

Quen gañará?

ALGO ESTÁ PASANDO EN PARADAI...

Unha chea de libros apareceron na biblioteca do CEIP Paradai. Serán de aventuras? De medo? De amor? De maxia? Teredes que vir para averigualo!

CONTRA A VIOLENCIA, EDUCACIÓN

No CEIP Paradai, como parte da celebración do 25 de Novembro, ímoslles dar visibilidade a grandes mulleres que normalmente esquecen nos medios de comunicación e nos libros de historia. Científicas, deportistas, políticas... mulleres guerreiras que merecen que as recorden.

Por iso, dende biblioteca selecionamos una chea de libros para que os nenos podan coñecer a estas pioneiras.

 

Contacontos "8 PATAS"

30/09/2019 12:45

Teremos un Contacontos titulado "8 PATAS" en EDUCACIÓN INFANTIL e 1º Primaria.

Contacontos "8 PATAS"

01/10/2019 12:00

Teremos un Contacontos titulado "8 PATAS" en 2º e 3º primaria.

Festival das Letras Galegas en Educación Infantil

Un bosque na maleta

Historia contada polo contacontos Brais Moure, para os nenos e nenas de E. Infantil, na mañanciña do 16 de maio de 2019.

 

Estamos a asistir a un conto máxico, que fala de meigas, de vasoiras máxicas, de xacias ...

Esto é que a meiga Chantada convídanos a viaxar con ela para vivir unha apaixoante aventura nos bosques galegos.

 

Ela sempre comenza a súa viaxe voando ca vasoira máxica, feita de madeira de albedro (madroño en castelá); polo tanto saímos todos con ela dende o aeroporto de Alvedro (agora, aeroporto de A Coruña), que colle o seu nome da árbore albedro. Preparados, listos, e a voar...

 

Na nosa viaxe coñecemos á lobiña Bea, da Pontenova. É moi amable e peludiña.

Aparece unha maleta; craro, en toda viaxe hai unha maleta... e esta maleta ten cousas prodixiosas. Ábrese, e mirade o que aparece: carrabouxos ou bugallos, que son esas boliñas que teñen alguns carballos. Tamén hai piñas, pólas de árbores como o carballo, a sobreira, a maceira brava, o bidueiro, o teixo; ulímolo todo... de teixo está feita unha variña máxica que nos mostra a meiga. Di que esa variña transforma os nenos en lobiños ... tamén atopamos unha variña de sobreira, que transforma aos nenos en arboriñas.

Qué máis había? Saca un libro xaponés, que trouxo do Xapón a meiga Chantada. Titúlase "SINRIN YOKU", ou algo parecido, e que significa BAÑOS DE BOSQUE. Nel veñen exercicios de respiración. Amósanos cómo podemos sentir os latexos do corazón, e a forma que ten de latexar ao ritmo das árbores. No libro aparece o Rei do Silencio, que cociña un conto sen palabras...

Remata dicíndonos que coa chave da imaxinación abriremos os nosos corazóns para aprender a respectar e tratar ben os bosques. Unha das cousas que lle gostan ás árbores é que lles deamos moitas apertas.


 

Despois amósanos cómo podemos aproveitar as botas vellas, para sementar nelas unha preciosa árbore, a cal medrará e medrará cando a prantemos nun bosque.

 

Qué cansos estamos! Imos a durmir unha sestiña ao carón dunha árbore...pero sen roncar... Canta o galo e despértanos. Creo que xa temos que voltar para o cole. Collemos ben a vasoira máxica de albedro, poñemos ben o casco na testa, e a voar. Sobrevoamos toda a paisaxe galega, os campos, os bosques. Vale, antes de chegar, fixemos unha paradiña á beira do Río Miño. Alí vemos unhas barcas de dornas, cos seus remos... e qué facemos? Craro, damos un paseo polo río e, mentras remamos, cantamos: "Un día atopei unha xacia...". Xa sabedes que as xacias son as mulleres-peixes dos ríos.

 

Qué ben nos sentou esta viaxe!

 

 

Dìa do libro

Compartimos con vós algunhas das actividades desenvolvidas desde a Biblioteca con motivo do Día do libro 2019 

Unha delas, a lectura e representación teatral de El Quijote por parte dos maiores de 6° curso ao resto do cole:foron aula por aula no tempo do Plan Lector ...mesmo ataviados,algo que chamou moito a atención !

Resultou todo un reto que cremos superado xa que gustou a tod@s , sorprendendo a boa interpretación d@s rapaces .

Tamén introducimos este curso como novidade , un intercambio de libros entre o alumnado de 6° curso 

 Trouxeron libros da casa coa intención que fose do agrado en temática e divertimento para os compañeir@s;viñan moi ben envolvidiños! Ian collendo sen saber que lles ía tocar !

chegado o momento de abrir  os agasallos..todo era nervios,

risos e bo  humor!

Distribuir contido


by Dr. Radut