O 11 de XANEIRO celebramos o DÍA DOS USUARIOS E USUARIAS DAS BIBLIOTECAS.
Durante esta semana temos programadas visitas á biblioteca do centro para todos os cursos onde explicaremos o seu funcionamento e curiosidades sobre o tema.
Aquí tedes algúns motivos polos que recomendamos asistir ás bibliotecas:
1. Fonte de información e coñecemento.
2. Lugar de lecer, creación, encontro e aprendizaxe.
3. Podemos dar renda solta a nosa imaxinación e ideas.
"En Exipto as bibliotecas eran chamadas `o tesouro da alma´. Nelas sanábase da ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demais".
Jacques-Bénigne Bossuet