Skip to Content

Kahoot DÍA DA PAZ

Despois de visitar o noso MAR DE PAZ, estades preparados para xogar ao kahoot? Os kahoots están ordenados por dificultade, só tedes que pulsar na peza de Lego.

RESERVA DE PRAZAS

 

Estimadas familias:

Adxúntase a INFORMACIÓN PÚBLICA sobre o proceso de ADMISIÓN DE ALUMNADO para o CURSO 2021/22.

 

DIA DO USUARIO/A DAS BIBLIOTECAS

O 11 de XANEIRO celebramos o DÍA DOS USUARIOS E USUARIAS  DAS BIBLIOTECAS. 

Durante esta semana temos programadas visitas á biblioteca do centro para todos os cursos onde explicaremos o seu funcionamento e curiosidades sobre o tema.

Aquí tedes algúns motivos polos que recomendamos asistir ás bibliotecas:

1. Fonte de información e coñecemento.

2. Lugar de lecer, creación, encontro e aprendizaxe.

3. Podemos dar renda solta a nosa imaxinación e ideas.

 

"En Exipto as bibliotecas eran chamadas `o tesouro da alma´. Nelas sanábase da ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demais".

Jacques-Bénigne Bossuet

Publicación listaxes axudas material escolar 2º ciclo Ed. Infantil

Listaxe definitiva de adxudicación de axudas para material escolar para familias con escasos recursos para segundo ciclo de educación infantil.

 

Exposición: https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios ou oficinas de educación

 

Lugar recollida: Oficinas da Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra, r/ Quiroga Ballesteros)

 

Horario: de 9 a 14h

 

A causa da situación sanitaria as/os solicitantes co primeiro apelido comece por unha letra do A ao L recollerán o vale en días impares (11, 13, 15, 19 ou 21) e os do M ao Z os pares (12, 14, 18, 20 ou 22).

Documentación precisa:

-Certificado escolar onde conste identificación da/o nena/o así como o centro e o curso.

-No caso de non recoller o vale o propio solicitante, deberá acompañarse dunha autorización deste e copia do dni.

 

Recibimos unha visita moi especial!

Hoxe tivemos unha visita moi especial no Centro! Visitou cada unha de nosas clases:

 

Nota informática

Queridas familias!

Quiero informarles que las notas correspondientes a este trimestre las recibirán a través de la aplicación de abalar móvil. Les recuerdo que en este curso evitaremos enviar documentos en papel, si alguien necesita los boletines impresos podrán solicitarlos después de las vacaciones en el colegio.

Así mismo quiero recordarles q el día 23 de diciembre comienzan las vacaciones de navidad hasta el viernes día 8 de enero.

No quiero despedirme sin agradecerles su comprensión y colaboración en este primer trimestre tan atípico que hemos vivido.

Por último desearles unas felices vacaciones y un feliz año nuevo.

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID e protocolos.

Adxúntase o PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID, e protocolo ante un positivo e protocolo ventilación das aulas.

Día internacional das persoas con discapacidade

 

Hoxe é o “Día internacional das persoas con discapacidade” e no Ceip Paradai non podemos pasar por alto unha data tan sinalada. Coñecer a  diversidade, aceptala e respetala é un dos nosos maiores obxectivos como centro e por ese motivo queremos concienciar ao noso alumnado nun día coma o de hoxe. A continuación presentámosvos unha serie de enlaces sobre os distintos tipo de discapacidade.

 

Plan de Continxencia

Adxuntamos o PLAN DE CONTINXENCIA do Centro.

CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER aquí tedes estas curtametraxes que nos levan a unha reflexión.

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

HOXE, 25 DE NOVEMBRO, CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

É UN DÍA PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O RESPECTO E A EDUCACIÓN EN IGUALDADE PARA TODAS E PARA TODOS.

DISTRIBUCIÓN GRATUITA DE MASCARILLAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Quero informarlles que con data de 13 de novembro saiu publicado no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en Centros Docentes Públicos dependentes desta consellería e en centros concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

ALUMNADO DESTINATARIO:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes    circunstancias, pero:

  a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €               

  b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

 

NON TERÁ QUE SOLICITAR A AXUDA OS BENEFICIARIOS DA AXUDA DE MATERIAL

                                                                                     Marta Castro

                                                                                    A DIRECTORA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut