Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

Curso escolar 2022-2023

Procedemento ED330B

   ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 maio)

Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

Para presentación electrónica, entre nesta aplicación premendo o botón na esquina superior dereita da pantalla ou facendo clic aquí.

 

(Na presentación electrónica deberá facer unha solicitude por cada fillo/a)

Para presentación presencial: utilice o Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

 

Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace

 

 

Manual de usuario para os cidadáns: enlace 

 

Día das Letras Galegas 2022

Presentámosvos o vídeo  decicado a  Florencio Manuel Delgado Gurrirán, persoa a que se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

No video seguinte pódese ver a actividade do SCAPE ROOM na biblioteca que resolveu o alumnado:

 

Alza a voz

Durante a SAME e para a Campaña Mundial pola educación, o alumnado de 3º e 4º de primaria, participaron neste vídeo reivindicando a importancia do profesorado e o dereito á educación.

Lista provisional de admitidos no curso 2022/2023

Xa está no taboeiro de anuncios da secretaría a listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas para o curso 2022/2023.

Prazo de alegacións ata o venres 29 de abril.

DÍA DO LIBRO

PORQUE TÓDOLOS DÍAS PODEMOS CELEBRALO

DIGICRAFT

En 5º de Educación Primaria continuamos facendo actividades do Proxecto Digicraft! Empregando as novas tecnoloxías e o traballado nas aulas para facer esta proposta tan lúdica e dinámica, sendo os protagonista de hoxe os ECOSISTEMAS e os seus compoñentes e relacións! Démoslles vida a través de Sumopaint e un quebracabezas dixital!

Día Mundial da Síndrome de Down

Onte conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down seguindo a iniciativa proposta por Down España " Gracias por tanto".

8 M - Día Internacional da Muller

Desde o Ceip Paradai queremos dar as grazas ás mulleres que compartiron o seu tempo onte no Día Internacional da Muller.

Este ano celebramos o día co lema: 

"Mulleres senlleiras, coma ti, coma min, coma todAs."

Neste video amosamos a todas as mulleres que participaron!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Mañá resolveremos o enigma da Científica Investigada.

 

 

 

Adiviñáchela?

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut