Skip to Content

Exposición de traballos de outono

 Case rematando a estación , amosámosvos como nos quedou a exposición do outono deste ano

 

Colaboraron coma sempre os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria cunha  árbore da que saían moitas cousiñas... 

...froitas de tempada...

...algunhas flores de novembro...

...e outras máis próximas xa ao nadal !

Tamén recuperamos moitas palabras que se utilizaban na vendima ou na poda,traballos propios desta época do ano :

 Os maiores do cole averiguaron sobre as medidas agrarias tradicionais e os apeiros  do agro 

 Todo quedou exposto na entrada do Centro, xunto con varios das ferramentas utilizadas nalgúns dos labores propios do campo en outono

                  Agardamos que gostedes do noso traballo !

 VÍDEO



book | by Dr. Radut