Skip to Content

Xadrez: Infantil 5 anos,1º e 2º curso

O pasado 3 de outubro, os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria desfrutaron da iniciación aos rudimentos do xadrez.

"O xadrez, máis aló de ser concibido como un xogo ou un deporte, constitúe un instrumento pedagóxico de primeira magnitude para o desenvolvemento intelectual das persoas, como así teñen constatado diferentes investigacións científicas. Tal chega a ser a súa incidencia na formación educativa dos escolares, que a propia UNESCO recomendou oficialmente, no ano 1995, a todos os países membros a súa incorporación ao programa curricular do ensino primario e secundario.

E é que, con algo tan simple como un taboleiro, 32 pezas e dúas mentes pensantes, lógrase desenvolver e incrementar un bo número de habilidades cognitivas nos pequenos, que poderán utilizalas en distintas áreas de coñecemento. Porque o xadrez aumenta a capacidade de concentración e prevén o fracaso escolar, exercita a memoria, tanto a curto como a longo prazo, desenvolve o razonamento lóxico matemático, mellora a capacidade de resolución de problemas e toma de decisións, incrementa a autoestima e afán de superación (cada partida é un novo reto para o xogador), e axuda a aprender a reflexionar, planificar e previr, debendo anticiparse ás respostas do contrario".

Texto de ESCOLA LUGUESA DE XADREZ

 

E así foi o primeiro contacto do alumnado de 6ºINFANTIL:

 

 

 



blog | by Dr. Radut