A granxa Xanceda ten moito que ofrecer,por eso o profesorado de 3º e 4º decidiu ir alí cos nen@s e así poder coñecer un pouco máis o medio rural ,disfrutando dos animais no seu hábitat.
Todo empezou cunha pequena explicación mentres nos ensinaban a finca...
Comezamos polas pitas,e como nos deixaban darlles de comer,démoslle uns graos de millo que picotearon nas nosas maos deseguida !
Despois chegou o momento dos burros,as vacas ...
ponis , ovellas...e os cans que todo o controlaban !
Tod@s queriamos acariñar os animais ademais de alimentalos !
Pero sen dúbida o que esperabamos con máis ganas era darlle o biberón aos xatos! Puxémonos maos á obra e notamos que mamaban con moita ansia ...porque nós tamén o faciamos moi ben! Ah,e tamén nos explicaron o proceso de muxir as vacas !
Rematamos a visita pasando pola antesala da produción de iogures,onde estaban as diferentes variedades que comercializan . Antes de marchar tiveron o detalle de agasallarnos cun imán para cada un de nós e ...iogures,claro !
Quedamos encantad@s !
Moitas grazas á Granxa Xanceda !