Skip to Content

Visitan o cole os maiores da Residencia da Milagrosa

Xa nos tardaba que nos devolveran a visita as mulleres e homes da Residencia de Maiores da Milagrosa ! Volvimos tan contentos e satisfeit@s de poder participar nunha actividade así ! Os de 6º curso esperabámolos moi ilusionados ...

...e así foi que cando elas se animaron a contar como fora a súa nenez,con moitas anécdotas que nos fixeron rir mais tamén reflexionar...

...lanzámonos a facer preguntas en canto puidemos,porque nos interesaron as súas vidas,como superaron as dificultades e como iso lles serve agora para poder trasmitirnos unha grande e sincera mensaxe :

Que debemos esforzarnos nos estudios ,intentando ser mellores persoas  axudándonos uns a outros e ser felices co que temos !

      MOITAS GRAZAS POR VIR

                        E POLO BONITO AGASALLO QUE NOS FIXESTES ! 

                                                  ÍMOLO ENMARCAR !



blog | by Dr. Radut