Xa nos tardaba que nos devolveran a visita as mulleres e homes da Residencia de Maiores da Milagrosa ! Volvimos tan contentos e satisfeit@s de poder participar nunha actividade así ! Os de 6º curso esperabámolos moi ilusionados ...
...e así foi que cando elas se animaron a contar como fora a súa nenez,con moitas anécdotas que nos fixeron rir mais tamén reflexionar...
...lanzámonos a facer preguntas en canto puidemos,porque nos interesaron as súas vidas,como superaron as dificultades e como iso lles serve agora para poder trasmitirnos unha grande e sincera mensaxe :
Que debemos esforzarnos nos estudios ,intentando ser mellores persoas axudándonos uns a outros e ser felices co que temos !
MOITAS GRAZAS POR VIR
E POLO BONITO AGASALLO QUE NOS FIXESTES !
ÍMOLO ENMARCAR !