Skip to Content

Fin de curso :o Circo

E como esta é a derradeira entrada deste curso 2017-18 , que mellor xeito de rematar que con ....un Circo !

Non temos animais porque cremos que deben estar no seu hábitat na medida do posible(e non de atracción para os humanos).

Tampouco temos paiasos... temos paiasas:dinámicas,divertidas ...

 

...e xefas de pista que cal frautistas de Hamelin levan os pícar@s alá onde sexan quen de crear mensaxes co seu corpo ...ata no mesmo chan !

 Non faltan  os cativ@s que a nivel individual fan do uso do aro unha arte para que poidan brillar  como grupo

E outr@s que se necesitan entre el@s para  chegar a formar un conxunto harmonioso,botando man da concentración e da precisión

Estes nenos e nenas non só necesitan da forza para levantar esta preciosa figura de acroart,senón tamén de confianza nos demais para poder formala

E como non integrar o baile,a expresión máis natural de nen@s,sobre todo dos máis pequenos,que aínda non teñen sentido da vergonza...

Por sorte hai tamén neste Circo raparig@s que non necesitan moito máis que coordinación para realizar estes estupendos pinchacarneiros encadeados...e con que rapidez !

Aquí tedes outro exemplo de traballo individual que beneficia ao colectivo,ademais de buscar concentración e confianza,como antes dixemos

Foi unha mañá que lembraremos con moito agarimo,non só por ser a última do curso,senón porque nos demos conta de que cada persoa é moi importante se queremos que o grupo saia adiante,que por moito que pensemos que o seu labor é cativo,sen ela non sería posible conseguir os obxectivos

 

                 Porque en Paradai tod@s contamos!

                 Ata o vindeiro curso,vémonos en setembro!

 

Aquí vos deixamos un vídeo no ADXUNTO.

 

                                   Feliz verán !

 

 

AnexoTamaño
Fin de curso .O Circo_Grande.mp446.58 MB


blog | by Dr. Radut