Se pensades que tivemos mala sorte porque nos choveu na saída que fixemos en maio,tedes razón.Pero non sabedes o ben que o pasamos e canto aprendimos !
Logo dun pequeno paseo a pé,chegamos onde nos agardaba un monitor moi simpático que nos ía amosando a fauna e a flora destas Ínsuas de Rábade
Cando chegou o momento de voltar,pasamos de novo pola ponte e nos diriximos a facer unha última actividade,esta vez no interior da Casa das Insuas
Foi unha mañá estupenda malia a chuvia ! Esperamos repetilo con sol dentro dun tempiño !