Quedan xa pouquiños Venres Lúdicos porque este curso vai rematando,pero aínda podemos practicar na pizarra dixital.Gostamos moito desta actividade:non credes que xa parecemos @s maiores de Primaria ?
Nesta ocasión traballamos algo de Naturais,como podedes ver.En concreto como sementar e os pasos que hai que dar para conseguilo.Tamén aprendemos as partes da planta e repasamos as letras mentres o faciamos
Pero como comprenderedes,o momento dos xogos de mesa é un dos nosos favoritos,ben sexa para asociar imaxe e palabra...
...o famoso tres en raia,que nos axuda a anticiparnos para sair victorios@s ...
...o xogo da Oca,que nos axuda a memorizar e de repaso para contar...
...e sempre traballando en grupo ...sen facer barullo !