Skip to Content

O día que veu a tele

Non queremos marchar de vacacións sen antes contarvos que pasou o día que viñeron "os da tele" ao cole...

Para preparar o conto de Infantil tivemos moitos ensaios e cansamos un pouco ...porque temos 4 anos e é normal,pero grazas ás profes fúmolo facendo mellor !  

E cando chegou o día,coas cámaras diante e a reporteira  co micro na mao...pasóusenos o susto e empezamos a contar a historia mellor ca nunca !! Os de 6º curso non o podían crer !

Magoa que se nos oíu moi pouco,pero ás nosas familias encantoulles igualmente! Foi unha experiencia xenial !

 

En 2º curso a tele  veu mentres  practicabamos mates e lingua de forma lúdica utilizando xogos de palabras,de buscar as diferenzas...Os días previos xuntámonos un par de veces 2ºA e 2ºB para ver se nos afaciamos todos xuntos nunha aula... e resultou tan ben que queremos repetir polo menos unha vez por mes  !

Estaban con nós,aparte das nosas titoras,outras dúas profes e a voluntaria da Universidade que axudou a elaborar o material.Grazas  a eso estivemos tranquil@s malia os cables e as cámaras que nos rodeaban !

 En resumo:foi unha xornada con algo de nervios,un pouco de risas e moito de responsabilidade,porque nos dabamos de conta que estabamos representando ao noso cole e eso é algo moi importante.

                 Queríamos compartir esta vivencia con vós

                e volver dar as grazas ao programa A Revista.

                            Ata a volta das vacacións!

 



blog | by Dr. Radut