Skip to Content

Facendo pasta fresca en 2ºB

Por fin chegou o día ! Non lles daba pasado o tempo para empezar co Obradoiro de Pasta Fresca ! A súa mestra xa os  fora introducindo no tema non só como curiosidade,senón como algo no que as mates,por exemplo,son moi importantes.

Primeiro tomaron boa nota da receita para facer a pasta 

Despois amasaron con moito xeito,paciencia ... e diversión !

Se non saíra ben á primeira,alí estaba o seu Chef particular para dar as últimas indicacións...

Recibiron algo de axuda ,pero  xa estaban preparad@s para facelo soíñ@s,coa máquina tamén lista ...

 O resultado foi tan  gratificante que querían volver  empezar nada máis rematar! E é que con esforzo e paciencia ,todo se consegue !

Moitas grazas a este pai e esta nai dunha das nosas alumnas pola colaboración !

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut