O venres 21 de abril, a Asociación LUCUS ICENAS MILIATORE trouxo o Arde Lucus ao noso cole, para os nenos e nenas de 5 anos. Representaron a historia da raíña dos icenos, Boudica, que loitou contra a ocupación romana de Britania.
Ao final da actuación, pintáronnos a cara, para que nos sentíramos un pouco guerreiros.
O vindeiro venres 28, farán o mesmo para o alumnado de 3 e 4 anos. Seguiremos publicando fotos deles.