Skip to Content

Como naceu o Muro das Emocións , 6º curso

Seguramente a semana pasada ,cando pasabades diante do cole , fixástesvos en que estabamos pincel en man pintando un muro e queredes saber algo máis...

                      Tedes curiosidade , unha emoción moi humana !

Pois aquí a vedes representada polo noso alumnado : cor pistacho , forma cadrada ...

                    Seguide lendo para entendelo !

 

 

 

Porque de EMOCIÓNS vai este mural de Clara Colorines para o noso cole ,con todo o alumnado implicado:maiores e pequenos que se prepararon primeiro relaxándose para poder atopar as ideas que reflexaran as emocións ...

 

 

Co material xa preparado ,as ideas foron fluíndo mentres as emocións

saían en forma de palabras...

 

 


 

 Foi un proceso no que nos sentimos moi guiados e apoiados por Clara neste camiño das emocións;lembrounos que ás veces temos emocións contrapostas que se van mesturando ,e que iso tamén o debiamos deixar reflexado no muro...

Cremos que o traballo en equipo , a escoita atenta , a colaboración entre tod@s ...fixo posible este Muro Das Emocións do que nos sentimos moi orgullos@s como cole e como parte da sociedade !

 

 

                                Moitas grazas a Clara por vir !



blog | by Dr. Radut