Skip to Content

Recomendacións Educación Física

Estimadas familias!

As especialistas de Educación física achegámosvos diferentes propostas para realizar neste tempo de confinamento. Tratamos de buscar propostas nas que non necesitedes moito espazo nin presenten moita dificultade.

Debemos substituir as saídas ao parque por cambios no espazo. Facendo da casa un lugar onde se poida bailar, xogar, saltar… en sitios seguros.

Lembrade  que ágora as vosas fillas e fillos necesitan sentirse arropados e queridos e é por isto que moitas das actividades que vos propoñemos son para realizar en familia, para compartir un tempo de xogo xuntos.

 

BAILAMOS EN FAMILIA:

Se buscades en youtube just dance atoparedes moitas propostas como por exemplo:

XOGAMOS EN FAMILIA:

Aquí tedes algunha suxerencia para xogar todas e todos xuntas;

O escondite

Escondite inglés: un, dous, tres que ninguén se mova.

Xogo da oca con probas relacionadas á educación física (anexo 1)

Xogamos ao Balón bolea cun globo

Xogar a xestos para adiviñar unha película

Imitar posturas: Cada turno é unha persoa o modelo e hai que imitar todo o que faga. Canto máis extraña…

Tea de araña: Converte o corredor nunha tea de araña, témola que atravesar sen tocala.

Escondemos as chaves. Por turnos escondemos as chaves nun lugar do salón (deben ser localizadas sen ter que mover nada) cando o resto dos membros da familia as atopa deberán sentarse sen dicir onde están.

Bailar co hula hop

 

Xogar aos bolos caseiros: Botellas de auga son os bolos e cos calcetíns facemos unha bola…

 

PARA AS MÁIS PEQUENAS E PEQUENOS DA CASA

Aquí vos presentamos alguna idea para levar acabo en casa:

 

 

Co alumnado de primeiro e segundo de primaria estábamos a traballar a lateralidade e a orientación espacial ademáis da coordinación óculo-manual

 

Xogos como o espello ,  xogos onde se lancen e se recepcionen obxectos, xogos onde deban ubicarse diante atrás, a dereita …

 

ALUMNADO DE 3º, 4º E 5º DE PRIMARIA

Realizaremos circuitos de equilibrios, de slalom, os bailes e os xogos en familia.

PELOTAS MALABARES PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA:

Quen de vós será capaz de conseguir facer un de estes trucos á volta destes días de estar na casa?? Non vos preocupedes porque estea en inglés, así o practicades, coas imaxes os chegará.

 Podedes dedicarlle 15/20 minutos ao día. Xa veredes como o conseguides!!!!

Learn to JUGGLE 3 BALLS - Beginner Tutorial (nivel principiente)

 

Learn to juggle MILLS MESS - Intermediate Juggling Tutorial (nivel intermedio)

O MÁIS IMPORTANTE DE TODO É QUE AS NENAS E NENOS ADIQUEN UN TEMPO DO DÍA A ACTIVIDADE FÍSICA E SE PODE SER EN FAMILIA…MELLOR QUE MELLOR

Adxuntamos un xogo para facer en familia!

AnexoTamaño
juego la Oca.pdf85.99 KB


blog | by Dr. Radut