Skip to Content

Ed. Infantil

.

Celebrando o DÍA DO LIBRO en educación infantil: CONTACONTOS

O pasado 23 de abril celebramos o Día do libro ao grande, contamos coa colaboración dunha contacontos, Alba Barral:

Leunos o libro "¿Me lo prestas?"

 

 

 

 

Todos os nenos estiveron ben atentos, escoitando a historia:

Ao final obsequiounos a cada un de nós cun marcapáxinas do protagonista do libro que levamos para casa, máis outro que fixemos na clase:

 

Educación Infantil traballando no horto do centro

Neste mes de abril comezamos coas actividades do horto ó aire libre aproveitando a chegada do bo tempo.

A primeira sementa que fixemos foi de cebolas:

Visita da ilustradora Patricia Padulles en Infantil

O pasado 18 de abril os nenos e nenas de educación infantil, gozaron da visita da ilustradora Estefanía Padulles que  nos presentou o seu último traballo:

Aprender a ler é unha das tarefas máis emocionantes na vida dun neno.

Aprender é abrirse ao mundo e os nenos aprenden vivindo e experimentando.

 Hai que insistir na necesidade de mostrar aos nenos pequenos non só imaxes senón tamén boas ilustracións que os estimulen.

Cando se inicia na aventura de ler, os nenos descobren un mundo moitísimo máis amplo, con infinitas posibilidades de vivencias e de información que motivan a súa imaxinación e os seus desexos de aprender e onde o actor é el mesmo e non os adultos. 

 Cando empezan a interpretar as letras e os seus debuxos a súa imaxinación voa con liberdade observando minúsculos detalles que probablemente a vista do adulto pasa por alto.

 Cando un neno abre un libro sente atracción polas súas ilustracións xa que comprende as súas mensaxes antes que ningún outro idioma.

O texto e a imaxe compleméntanse para facilitar ao neno a mellor comprensión da lectura.

 

"Rompendo estereotipos" en Educación Infantil

Hai uns días celebramos o día da muller co lema ROMPENDO ESTEREOTIPOS, onde os nenos de infantil puideron ver que "bailar" profesionalmente non só fano as mozas.
O 8 de marzo puidemos contar coa axuda dos bailaríns de 
Gravity, e os nenos pasáronllo xenial aprendendo un BAILE, vese no seguinte vídeo:

 

 

" Os Indios"

Emmarcado dentro do proxecto "OS INDIOS", os nenos e nenas de 5 anos completaron a súa experiencia construíndo un poboado indio, un gran "tipi" e unhas bolsiñas.

 

Para iso foron recolectando paiños, terra, musgo, follas... e demais materiais que foron atopando na natureza.

Compuxeron o seu propio "tipi" decorándoo con pinturas de distintas cores e motivos alusivos.

 

 

Así mesmo elaboraron "Totems" con materiais de refugallo:

Este é o resultado final:

 

 

 

Coñecendo as sementes. O xirasol

O primeiro contacto dos alumnos/as de 6º de Educación Infantil co "Horto Escolar" foi a sementa da planta do Xirasol.

O horto escolar é fonte inestimable de recursos, permitindo abordar unha serie de contidos encamiñados ao desenvolvemento das capacidades dos nenos.

Trátase dunha experiencia que axuda a desenvolver a socialización e o traballo en equipo organizado e  secuenciado, favorecendo a valoración do propio esforzo e a súa relación co aprecio aos produtos conseguidos.


Ademais, xera situacións que posibilitan o traballo da 
lateralidade, a orientación espazo-temporal,  motricidade fina, exploración cos sentidos, desenvolvemento de estratexias de investigación, observación de ser vivos e, interrelación de conceptos de diversas  árelas.

O horto é un marco idóneo para traballar as liñas transversais, especialmente a educación ambiental, con temas como o consumo, a alimentación ou a saúde, unindo a cultura escolar-científica e a vida cotiá; a través desta experiencia facilítanse aprendizaxes útiles para o desenvolvemento social dos nenos dentro e fóra do marco educativo.

Os nosos alumnos tiveron a oportunidade de tocar a terra, e facer a súa propia sementeira.

Traballamos por equipos, e mentres esperaban os demais alumnos, a súa quenda, coñecían a planta do xirasol, pintando un debuxo:

 

O final da actividade, os nenos/as levaron a súa plantiña para casa.

Os nenos e nenas de 5º Educación Infantil inventamos contos

 

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil inventaron un conto a través dunhas caixas de zapatos e despois contaronlle os alumnos/as de 5º e 6 º de primaria.

Podedes ver todo o relato do conto, neste video:

 

Apicultura. Facendo unha colmea

Continuando co aprendizaxe dos oficios, traballamos na apicultura facendo unha colmea, que é onde habitan as abellas e fan o mel e a cera:

E ata cada un poido facer as súas propias abelliñas:

Inventamos contos en Infantil,5 anos

Presentámosvos un collage feito pola nosa compañeira Silvia no que se recolle dun xeito moi atractivo un resumiño dos contos que foron ideando e máis tarde representando.

Lembrades o día que veu a tele ao cole?Pois est@s son os artistas que contaban a historia diante das cámaras como se fosen actores e actrices profesionais !

Moitas grazas por este traballo tan ben feito e por enviarnos esto tan bonito ,a tod@s !

 

As aventuras da estreliña de mar, Infantil 4 anos

Queremos compartir con vós o conto ideado polo grupo de 4 anos de Infantil: "As aventuras da estreliña de mar".Temos o vídeo, e se vos gusta tanto como a nós,comentádello a outros amig@s para que visiten a nosa páxina web e ver o que se fai no cole !

 Os cativ@s foron aportando as ideas,as personaxes...e elaboraron tamén esas fantásticas caixiñas que forman parte do fío condutor .Sen dúbida o entusiasmo das profes foi contaxioso,porque estiveron emocionadísimos durante todo o proceso de preparación.Grazas!

Tamén vos queremos lembrar que a TVG veu,entre outras cousas, para que se vira como lles contaban este conto aos nenos e nenas de 5º e 6º curso,pero saiu moi pouquiño por falta de tempo.A nós encantounos e el@ fixérono moi moi ben !

 

                             PARABÉNS A POFES E ALUMN@S !

 

Premede no adxunto para ver o vídeo

 

Escribimos o nome,Infantil de 3 anos

Dirán algunhas persoas que a lectura e a escritura en Infantil -e máis se se trata de alumn@s de 3 anos - é algo moi difícil de acadar.Pero esquecen o impacto que as novas tecnoloxías provoca nestas idades  tan temperás.

 

Aprender a escribir o noso propio nome empeza por recoñecer as letras que o compoñen,por ler esas letras,sinalalas,facer o trazo no aire...Se a todo iso lle poñemos unha música atractiva que che vaia estimulando os acertos nunha pizarra dixital como a desta aula,só queda practicar !

 E lembrade que o reforzo nas familias é fundamental para el@s !

Froita no recreo de Infantil

Esta primeira semana de reparto de froita no cole foi todo un éxito ! E debedes saber que non só estamos conseguindo que se alimenten dun xeito máis saudable,senón que tamén facemos fincapé na sicomotricidade fina ou hábitos de hixiene ao ter que pelar estas mandarinas...coa axuda das profes,claro!

Mirade este grupo de nenos e nenas de 3 anos,totalmente autónom@s,concentrándose en facelo o mellor posible ! De seguro que algún adult@ quedará abraiad@ ao ver como o fill@ come no seu mantel individual con total normalidade !  Un traballo na escola que se complementa na casa con naturalidade,e todos content@s !

Entroido en Infantil

Despois de longas  pero moi produtivas sesións de traballo, o resultado cos disfraces de Infantil non podía ser mellor ! Ollade est@s pescadores coa súa cana lista para lanzar:

E que dicir d@s apicultores ,non lles falta detalle ! Xa os veredes no Desfile de Antroido como locen os seu traxes  ao son da música! 

E xa só faltan os máis pequen@s,eses xastres e costureiras que fixeron moito máis colorido o noso Entroido en Paradai ! Grazas a tod@s !

Moitas grazas tamén ás familias pola vosa colaboración  !

animación

DÍA DA PAZ EN INFANTIL

Chegaron os picariñ@s de Infantil ao edificio principal do cole moi

ilusionados por participar no día da Paz

Esperaron a súa quenda moi formaliños

Tanto os maiores coma os máis pequen@s

E seguían espreando mentres se colocaban os seus traballos

 

 

I

Para rematar lendo con moito xeito !

 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut