Skip to Content

Ed. Infantil

.

Un Samaín de medo!

Qué ben o pasamos metendo medo aos compañeiros/as...

 

 

 

 

 

Magosto en infantil

Xa chegou o Magosto ao noso centro, para festexar este outono tolo...

 

Primeiros días de clase do alumnado de tres anos

Escoitamos contos, fixemos garabatos nun papel xigante, cruzamos ríos perigosos...

 

Sementando millo Corvo (negro)

O alumnado de 5 anos aproveitou a axuda dun profe xubilado para sementar millo Corvo (negro). A ver qué sae de ahí. Tamén trasprantamos acelgas.

 

Festa dos Maios

Todo o alumnado do colexio preparamos o Maio, e despois, facendo os nenos e nenas de infantil dous corros, cantamos e bailamos arredor do Maio, seguidos polo resto dos cursos de primaria:

Día das Letras Galegas

Festexouse o Día das Letras Galegas ca actuación dunhas pandereteiras moi especiais...

 

Xogamos cas cores

Aproveitando que estamos na primavera, o alumnado de 3 anos xogamos cas cores do arco da vella e acadamos, ca técnica do soprado, auténticas obras de arte.

 

Feo! - Caramuxo Teatro

Feo! é un espectáculo teatral (Caramuxo Teatro) inspirado no famoso conto de Hans Christian Andersen, O parrulo feo.

Hai unha pequena fábrica de parrulos de goma... 

 

 

 

Kamishibai: El señor Nimbo y la máquina de nubes

No marco das celebracións do Día do Libro, o venres 21 de abril, na biblioteca do centro, as alumnas de prácticas léronnos o conto "El señor Nimbo y la máquina de nubes", utilizando o recurso do Kamishibai, que, en xaponés, quere dicir "teatro de papel".

Despois de rematar o conto, algúns nenos/as de 5 anos atrevéronse a ler un anaquiño do mesmo.

ARDE LUCUS - A raíña Boudica

O venres 21 de abril, a Asociación LUCUS ICENAS MILIATORE trouxo o Arde Lucus ao noso cole, para os nenos e nenas de 5 anos. Representaron a historia da raíña dos icenos, Boudica, que loitou contra a ocupación romana de Britania.

Ao final da actuación, pintáronnos a cara, para que nos sentíramos un pouco guerreiros.

O vindeiro venres 28, farán o mesmo para o alumnado de 3 e 4 anos. Seguiremos publicando fotos deles.

Visita de xogadores do Club Deportivo Lugo

Na mañá do 19 de abril, xogadores do C.D. Lugo visitaron o noso centro e falaron con nós no campo do recreo. Agasalláronnos, tamén, con invitacións para ir velos no partido do domingo 23.

Faltoulles facer algún regate; quizás pensaron que éramos moi novos...

Celebramos o Entroido 2023

Nesta ocasión, o alumnado de Educación Infantil disfrazámonos de nadadores e nadadoras, xa que o tema central do curso 2022/23 é a Auga.

Como podedes ver, todos acadamos unha medalla.

Pasámolo moi ben!

 

 

Contacontos no Entroido

No marco do Entroido, a contacontos Alba escenifica o conto "Supertata", a pataca máis valente do mundo das verduras, para o alumnado de infantil:

Experimentos no Día da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo do Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia, despois de traballar algún experimento relacionado ca auga durante a semana do 6 ao 10 de febreiro, o venres 10 o alumnado de Educación Infantil fixemos unha demostración dos mesmos ante os compañeiros de primaria.

 

 

O Arco da Vella cos nenos de 3 anos:

 

  Flotabilidade cos nenos de 4 anos:

 

 

Contaminación da Auga e Ceo estrelado cos nenos de 5 anos:

 

 

Contacontos na aula de 5 anos

O derradeiro día de xaneiro tivemos a visita da contacontos Alba. Xa é vella coñecida de todos.

Esta vez, como motivación para o proxecto que estamos a facer, "As constelacións", Alba contounos o conto "Un Planeta Sin Cuentos" sobre unha viaxe polo universo...

Contenido sindicado


by Dr. Radut