Skip to Content

Ed. Infantil

.

Robótica en INFANTIL

Os nenos e nenas de 6ºB de INFANTIL, practican robótica na aula, dáselles moi ben!

 

 

 

TALLER DO ANTIGO EXIPTO COS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

Esta vez atopámonos no antigo Exipto.

Despóis de escoitar historias de momias e faraóns, comenzamos a facer un amuleto da boa sorte: unha cruz exipcia chamada Anj, e que significa Vida.

E así quedaron:

 

 Outro día coloreamos as figuras de dous faraóns e dunha moza exipcia. 

Despois posamos diante da imaxen do faraón. Asemella que nos falou dende o máis aló. Qué susto!

 

 

 Finalmente fixemos un colar exipcio ou Usej; a palabra "usej" significa ancho:

 

 

 

O ALUMNADO DE 5 ANOS CONTA UN CONTO

Ola a todos!

O 8 de novembro deste ano os nenos e nenas de 6º de infantil fomos a contarlles o conto "A estreliña de mar" aos pequerrechos da gardería de San Fiz.

Este conto xa o inventáramos no curso pasado, ca axuda dunha profe que estivo a facer as prácticas na nosa aula. E como quedara tan bonitiño o traballo, non sí? (caixas de zapatos pintadas e decoradas con debuxos de animais do mar), aproveitamos que a nosa profe non tirara as caixas (nosa nai, onde as gardaría?!) e alá fumos.

Pasámolo moi ben, e eles cremos que tamén.

 Despois, como agasallo, cantamos a canción de "Corre corre, cabaciña".

  E estos son alguns pequerrechos que disfrutaron da función. Sonche ben cuquiños.

 

 

OS NENOS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E A PREHISTORIA

No mes de outubro os nenos e as nenas de 5 anos do Ceip Paradai estivemos a ver a vida dos nosos tatara...tataravós (uff), os Cromañóns, aló pola Prehistoria, cando aínda non inventaran a escrita.

Todos os xoves adicamos algunha sesión ó Taller da Prehistoria: escoitamos o conto de Croniñón, e tamén  cantamos a canción do mesmo nome. Logo fixemos as pegadas coas nosas mans (como se facía nas paredes das covas, ou algo así) en papel continuo de cor marrón, que despois decoramos cun debuxo. Tamén posamos nun "photocall" coas nosas mellores galas, un vestido feito de pel de leopardo, non sí?, e deixamos para o final a construcción dunha maqueta, con plastilina, dun poboado primitivo, anque aínda non está rematada.

Velaquí unha mostra do que fixemos. Esperamos que vos guste:

Por fin temos as fotos da maqueta.

Uns fixemos o chan, as pedras e un río, con peixes, a cova, uns cromañones quentándose na fogueira e asando algun peixe, un bisonte ou unha cabra, vai ti a saber, unha mamá mamut e a súa cría, un dentes de sabre, e qué máis?

E como complemento ás actividades sobre a Prehistoria, realizamos unha visita ao museo provincial de Lugo, onde nos esperaban unhas experiencias moi interesantes.

E asi, damos por rematado esta mostra.

Ata outra, amiguiños!

 

Oficios en EI: Mariñeiros

O oficio de mariñeiros deu moito de si:

Os nenos de 6º EI, fixeron a súa propia cana de pescar:

E se disfrazaron no entroido de mariñeiros:

Os alumnos/as fixeron unha charca con peixes:

 

OFICIOS E.I: COSTUREIRAS E XASTRES

Os alumnos/as de Educación Infantil tiveron a oportunidade de coñecer o oficio de costureras e xastres, como traballan, as ferramentas que utilizan...

No entroido fixeron o seu propio traxe de costureros e xastres, co seu alfiletero, tesoira, pano...

 

Os nenas e nenos de 4 EI, traballaron nun mural para coñecer as diferentes texturas:

 

Oficios E.I: Menciñeiros

On nenos e nenas de 4 EI traballaron as diferentes plantas medicinais:

En 6 EI pescudaron sobre a arnica:

O Traxe Galego visto por 6º curso Infantil

Queremos compartir con vós a aportación dos máis pequen@s do cole á dignificación do Traxe Tradicional Galego.Para el@s é algo natural levalo,non só polo Día das Letras ,senón temén en calquera outra ocasión de celebración !

Fixádevos que ben lles quedaron estes dous raparig@s lucindo estes

fermosos traxes con esas preciosas cores !


                        

                              Moitas grazas, gostamos moito!

Construímos un castelo,6º curso de Ensino Infantil

Este traballo forma parte  do Plan Proxecta do Centro.  Tamén lle poderiamos terlle posto de título "Proxecto Pambre", xa veredes !

Empezamos con algo de matemáticas, en concreto de xeometría (eso foi o que nos comentaraon as profes!): uns círculos, uns triángulos... parecía divertido e non se nos daba mal !

                   

E todo con material de refugallo que tiñamos na aula ou trouxemos das casas, porque gostamos da reciclaxe e queremos dar exemplo xa desde cativ@s .Despois pintamos,pegamos,recortamos...

                      

Devagar fomos quen de levantar un castelo ... que pouco nos

imaxinabamos que habíamos visitar un nuns días!

                 

Tamén o pasamos moi ben decorando as portas de entrada das nosas aulas, e que ben quedaron: parecían auténticas entradas de fortalezas dignas de reis e raíñas !

                       

 Foi tan emocionante participar, que nos daba pena rematar este traballo... mais cando fixemos a saída a Pambre para visitar o seu castelo, o sorriso volveu a nós !

 

     

Venres Lúdicos,Infantil 5 anos

Quedan xa pouquiños Venres Lúdicos porque este curso vai rematando,pero aínda podemos practicar na pizarra dixital.Gostamos moito desta actividade:non credes que  xa parecemos @s maiores de Primaria ?

Nesta ocasión traballamos algo de Naturais,como podedes ver.En concreto como sementar e os pasos que hai que dar para conseguilo.Tamén aprendemos as partes da planta e repasamos as letras mentres o faciamos

Pero como comprenderedes,o momento dos xogos de mesa é un dos nosos favoritos,ben sexa  para asociar imaxe e palabra...

...o famoso tres en raia,que nos axuda a anticiparnos para sair victorios@s ...

...o xogo da Oca,que nos axuda a memorizar e de repaso para contar...

...e sempre traballando en grupo ...sen facer barullo !

 

 

Visita dunha contacontos ós nenos e nenas de Ed. Infantil

Érase que se era unha contacontos (por cortesía da editorial Edelvives) que veu visitar os nenos e nenas de educación infantil do CEIP Paradai, para contarnos contos marabillosos…De feito, viña vestida como unha princesa das Mil e Unha Noites, e tiña enriba dunha mesa obxectos que parecían máxicos e dos que saían sons engaiolantes.

Presentouse como unha amante dos animais;  dixo que a súa profesión era terapeuta animal, e que de cativa quería ser… cabalo! Cando un ano os Reis Magos a agasallaron cun xogo de indios e vaqueiros, ela desfíxose dos persoaxes e quedou cos cabalos de xoguete: “correde, correde, que veñen os homes”, lle dicía ós cabalos.

Despóis desa introducción viñeron tres contos: O RATO E O LEÓN, A CASIÑA e O SAPIÑO VEXETARIANO. Neste derradeiro conto, axudámoslle a rematar os pareados, porque era en verso.

Gustounos moito a todos, e nos finais dos contos cantamos COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.

Ata outra!

 

Un paseo polo Río Rato

 

O día 24 de maio de 2018 os alumnos de 5º e 6º de Ed. Infantil gozamos dunha saída escolar ao Río Rato, onde  observamos a natureza.

 

Paseamos polo Río Rato e vimos árbores autóctonas: bidueiras, amieiros ou freixos, fervenzas que levaban moita auga, animais: a ra de San Antón, pousada nos ranúnculos, merlos, e moitas prantas que non coñeciamos. Pareceunos todo moi bonito e interesante.

 

Tamén fomos visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño, onde hai salas de exposicións: principiamos na sala de vídeo, onde nos puxeron un vídeo moi chulo para aprender a coidar o noso medio natural. Seguimos coa Sala do Río con artes de pesca tradicionais (batuxo, nasas, redote, etc.), a Sala do Bosque, onde poidemos ver os animais que forman parte da reserva da Biosfera das Terras do Miño e escoitar os seus sons: cegoña, miñatos, lavandeira branca, xabarí, curuxa, lontra, etc.

 

Aquí temos unha escolma das fotos que se fixeron. 

Non deixedes de facerlle unha visita. Paga a pena.

 

Onde está a Wally-Ra?

 Aí onde a vedes, esta ra pequeniña é un indicador biolóxico da calidade da auga dos nosos ríos.


 

 

 

Día do libro en Educación Infantil: ORELLAS DE BOLBORETA

Todo o alumnado de Educación Infantil traballou o libro ORELLAS DE BOLBORETA (Editorial: S.L. KALANDRAKA EDITORA)

"-Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda?
-Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta?
-Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro que lles demostre, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables. "

 

Cada clase fixo un debuxo traballando diferentes texturas, que finalmente empregamos para facer este fermoso fondo para fotos:  

 

 

 

 

 

Excursión ao Castelo de Pambre E.I. 4 e 5 anos

29/05/2018 11:00
29/05/2018 12:00

Excursión ao Castelo de Pambre Educación Infantil 4 e 5 anos.

Excursión o Rato Educación Infantil 4 e 5 anos.

24/05/2018 11:00
24/05/2018 14:00

Excursión o Rato Educación Infantil 4 e 5 anos.

Contenido sindicado


by Dr. Radut