Achégase o DIA DAS LETRAS GALEGAS dedicado a Ricardo Carvalho Calero, e dende o Equipo de Dinamizaciòn Lingüística do CEIP PARADAI quixemos achegarvos à figura do homenaxeado deste ano por medio deste video.
E despois de ver o vídeo, anímaste a xogar neste Kahoot!? Quen será o gañador?
Segundo as instruccións da Consellería de Educación, nos vindeiros días levarase a cabo a avaliación do 2º trimestre. Efectuarase coa información dispoñible a día 12 de marzo (data da interrupción das clases presenciais).
Estas cualificacións danse nunhas circunstancias excepcionais que fai que nalgunhas materias non se teña completado o proceso avaliativo, polo que deberá recurrirse a outro tipo de criterios como traballos entregados, aproveitamento en clase...establecidos polos titores/as.
Lembrámoslles que a Avaliación é Continua, cumprindo as avaliacións intermedias unha función informativa para as familias.
Así mesmo, indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para recibir notificacións no seu dispositivo electrónico, as cualificacións e outra información académica relativa ao alumnado.
É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).
Dende a área de Educación Física para esta segunda semana preparámosvos unha variedade de tarefas divertidas que podedes realizar nas vosas casas para seguir aprendendo e mellorando a vosa saúde e calidade de vida.
As actividades están divididas por cursos para traballar e divertirse.
Animádevos a facelo en familia e xa veredes que ben o pasades.
Estamos desexando veros pronto!
Un saúdo
Marta e Cristina .
Para 5º, 6º
Visionado do vídeo Informe Robinson Partido de Belgrado.
A continuación deíxovos o enlace dun vídeo que xa vimos en outra ocasión pero que me gustaría que vexades de novo contestando a posterior ás seguintes cuestións:
Preguntas:
Que pensas que pretende transmitirnos o vídeo con esta experiencia?.
Cal pensas que foi o motivo polo que a xente de Fuenlabrada se volcou con este equipo?
Nomea 3 valores que precisou este equipo para seguir xogando ao baloncesto e acabar gañando a Copa de Europa.
Busca na rede outro exemplo onde o deporte servira como fonde de superación de adversidades.
Por último, reflexiona brevemente sobre a inutilidade das guerras e como lle afectan a millóns de persoas inocentes. Moitas veces as fronteiras entre países son a causa delas, outras intereses económicos, en outras ocasións as relixións... ,
Como pensas que pode cambiar o deporte estas situacións? Cal é a túa opinión sobre o tema.?
Xogo interactivo de xadrez
Aquí vos deixo o link dunha páxina web de xogo interactivo contra o ordenador de xadrez. Tan só hai que rexistrarse cunha conta de correo electrónico para o que precisades das vosas familias.
Ademais tamén vos deixo o enlace dun manual coas regras básicas do xogo.
Animádevos a probar sorte, non é fácil gañarlle ao ordenador!!
Aquí vos deixo aos nenos e nenas de 6º un vídeo para que fagades a vosa propia coreografía desta canción de Bruno Mars. O vídeo é tan só para que vexades ideas que podedes incorporar á vosa coreografía, non tedes que facelo igual. A canción chámase "24K Magic". Agardo que vos guste.
Aquí engado o enlace:
Traballo da expresión corporal, da coordinación, da autoconfianza e da desinhibición.
Práctica de malabares
Enlace para elaborar pelotas de malabares:
Enlace para traballar malabares con 3 pelotas:
Para 3º, 4º
Yoga
Baile
Rock and Roll: vídeo é tan só para que vexades ideas que podedes incorporar á vosa coreografía, non tedes que facelo igual. Aquí engado o enlace:
Para 1º, 2º
Canción "Bailando"
Bailar esta canción na que faremos un repaso sobre os principais ósos dos noso corpo. Traballo de coñecemento do propio corpo a través dos principais ósos e expresión corporal.
Conto "A lenda do arco da vella"
Ver e escoitar este conto sobre a multiculturalidade, que nos transmite a mensaxe de que ninguén é superior a ninguén. Traballo da igualdade entre as persoas e da non violencia.
Xogos con vasos de plástico
Enlace de xogos con vasos de plástico :
Educación Infantil
Xogo de saltos con papeis de cores.
Actividade na que podedes elaborar os materiais cos propios nen@s e posteriormente xogar. Non precisa de grandes espazos, polo que é viable realizala dentro da casa. Con esta actividade preténdese traballar a motricidade.
O baile do movemento.
Con esta actividade proponse un baile no que se pretende tomar conciencia de diferentes partes corporais e o autocontrol. Incluso vos podedes unir o resto da familia.
Canción "Lávate las manos".
Canción de "Los Lunnis" na que se fai fincapé na importancia do lavado das mans, traballando aspectos da hixiene corporal.