Skip to Content

Blog de rosana

8 de marzo

En conmemoración a o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o pasado 8 de marzo, os nenos e nenas do Ceip Paradai, fixeron a súa propia chapa, con menxases apropiados do día de celebración.

 

 

 

Alza a voz

Durante a SAME e para a Campaña Mundial pola educación, o alumnado de 3º e 4º de primaria, participaron neste vídeo reivindicando a importancia do profesorado e o dereito á educación.

Lista provisional de admitidos no curso 2022/2023

Xa está no taboeiro de anuncios da secretaría a listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas para o curso 2022/2023.

Prazo de alegacións ata o venres 29 de abril.

ENKI PROXECTO

O alumando de 6º de primaria participou nunha xornada con Enki Proxeto onde experimentaron unha aprendizaxe vivivencial sobre as persoas con discapacidade a través do lecer e o deporte.

 

 

Ilustradora e música

 

No mes de marzo o alumnado de 5º de primaria, tivemos o pracer de formar parte da actividade Ilustrarnós, organizado pola DEPUTACIÓN DE LUGO ,na que nos ensinaron unha morea de instrumentos tradicionais galegos e como ilustralos. Encantounos!

 

 

 

 

Día Mundial da Síndrome de Down

Onte conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down seguindo a iniciativa proposta por Down España " Gracias por tanto".

8 M - Día Internacional da Muller

Desde o Ceip Paradai queremos dar as grazas ás mulleres que compartiron o seu tempo onte no Día Internacional da Muller.

Este ano celebramos o día co lema: 

"Mulleres senlleiras, coma ti, coma min, coma todAs."

Neste video amosamos a todas as mulleres que participaron!

5º primaria no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O ALUMNADO DE 5º PRIMARIA FIXERON UN EXPERIMENTO FROTIS SANGUÍNEO

ANTES DE COMEZAR O EXPERIMENTO A CIENTÍFICA EXPLÍCANOS QUE É UNHA CÉLULA , AS SÚAS PARTES E OS DIFERENTES TIPOS .

A CONTINUACIÓN POÑEMOS UNHA BATA E UNHAS LUVAS E COMEZAMOS O EXPERIMENTO.

1º-  BOTAMOS O SANGUE NO PORTAOBXECTOS

COLLEMOS COA PIPETA UNHA PINGA DE SANGUE E A BOTAMOS NO PORTAOBXECTOS.

CON OUTRO PORTAOBXECTOS ARRASTRAMOS A PINGA DE SANGUE.

POÑEMOS O PORTAOBXECTOS CO SANGUE NA BANDEXA PARA QUE SEQUE.

2º. TINXIDO DO SANGUE

SUMERXIMOS O PORTAOBXECTOS CO SANGUE NOS TRES BOTES CON DIFERENTES COLORANTES UNS SEGUNDOS.

LAVAMOS O PORTAOBXECTOS PARA ELIMINAR O EXCESO DE COLORANTE.

DEIXAMOS SECAR NA BANDEXA.

3º. OBSERVAMOS NO MICROSCOPIO

COLOCAMOS O PORTAOBXECTOS NO MICROSCOPIO E OBSERVAMOS AS DIFERENTES PARTES DA CÉLULA, CADA UNHA DAS SÚAS PARTES ESTÁ TINXIDA DUNHA COR DIFERENTE.

NO MICROSCOPIO OBSERVAMOS QUE A MAIOR PARTE DO QUE OBSERVAMOS NO SANGUE SON OS GLÓBULOS VERMELLOS.

 

ORQUESTA PANTASMA

No mes de febreiro tivemos a visita da ORQUESTA PANTASMA, A Voar conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará, mostrándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen da nosa vida mellorar.


 

 

 

23 Febreiro - ROSALÍA de CASTRO

O 23 DE FEBREIRO, Día no que celebramos o nacemento de Rosalía de castro, o corredor central do centro está decorado con nubes cheas con poesías "Sementamos pensamentos" ( a flor favorita de Rosalía de Castro).

Día da Paz

 

O alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria fixeron un mural colaborativo para conmemorar o Día da Paz.

 

 

 

Ademais decorouse a entrada do centro con paraugas cheos de desexos

de paz para podr alcanzar a sociedade que todos soñamos.

 

 

 

 

 

Festa de Nadal

A continuación un pequeno resume do día de hoxe, na que celebramos a chegada do Nadal con diferentes actividades:

Contenido sindicado


by Dr. Radut