Skip to Content

Blog de rosana

Unha de repaso! Xogando coas mates!

Esta semana os alumnos e alumnas de primeiro estivemos traballando con Lara, a profe de prácticas a táboa do 100 a través de pequenos retos.

 

Dende formar casiñas con números pares e impares, ordenar os números nunha longa serpe, facer un ditado colorido, practicar a escritura de todos os números e ata crear un código de díxitos para escribir o seu nome.

*GRAZAS POR TODO O APRENDIDO*

Día da Saúde

O pasado día 7 foi o Día da Saúde, así que o alumnado de segundo intercambiou estos corazóns para lembrar a importancia  de coidar o noso órgano principal. 

Do que estamos seguros é que vai cheo de amor!

 

Hora Muse

O alumnado de segundo estivo traballando a mestura de cores na Hora Muse partindo das cores primarias.

Plasmaron as súas mans e formaron este precioso mural en equipo!

Hora Muse

Na segunda sesión da Hora Muse o alumnado de primeiro estivo traballando coa mestura de cores.

 

Partindo das cores primarias elaboraron un mural conxunto cunha bonita mensaxe: "Xuntos somos máis fortes".

Educar en igualdade é máis que dous días ao ano!

Aquí o alumnado de segundo coa axuda da profe de prácticas anda investigando os animais pero en feminino!

Traballamos o goberno

Nestes días o alumnado de segundo estivo a traballar o goberno.

Canto aprendemos!

Mural 8 M

O alumando do CEIP PARADAI, crearon un mural de forma conxunta, no que se espuxeron diferentes biografías de mulleres.

23 febreiro - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro en conmemoración do Día de Rosalía de Castro, visitáronnos dúas profesoras do noso centro que nos contaron a vida e obra da artista.

O xornal de Rosalía

Para este día tan especial, o alumnado de segundo preparou un xornal onde é portada a gran Rosalía.

Ademais dun marcapáxinas para seguir a ler tanto como facía ela.

Grazas ROSALÍA por tanto!

A roda dos alimentos

Esta semana o alumnado de primeiro estivo traballando a roda dos alimentos.

Para elo, empregaron un folleto de supermercado e clasificaron os alimentos  nos distintos grupos segundo aprenderon no tema de naturais.

Festexamos a Rosalía!

Para festexar o Día de Rosalía os nenos e nenas de primeiro fixemos un mural coa súa imaxe e traballaron a súa vida e obra nun pequeno libriño, un recurso de amestracris.

O Entroido xa chegou!

O entroido chegou e con el as nosas gañas de festexar. O alumnado de primeiro con moita ilusión creou o seu disfrace empregando materiais de refugallo e tomando como fío condutor o Proxecto de Nova Zelanda que se leva a cabo este ano no cole.

Como en Ciencias Naturais estamos traballando os alimentos disfrazámonos dun alimento típico deste lugar: o kiwi.

 

Cabe engadir que a meirande parte do proceso foi feito por eles. Que artistas!

Alumnado reserva 1º ESO

Todo o alumnado que presentou reserva de praza para o IES Muralla Romana está admitido. Recordamos q o alumando q non presentou a reserva agora deberá facelo entre o 1 e o 20 de marzo.

30 XANEIRO DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro, o alumnado e o profesorado do CEIP PARADAI, proclamou que "non queremos máis loitas no mundo".

Contenido sindicado


by Dr. Radut