Deporte en Tui

ANDAINA DO VIVEIRO FORESTAL

 

Andaina do Viveiro Forestal

23/10/2016

O próximo día 23 de outubro ás 10 da mañá, o clube Andatui, organiza unha nova andaina que será dende o Centro Interfederado por debaixo do Prador de Tui dirección Areas para pasar polo Viveiro Forestal, dando unha volta de 10,5 quilometros para retornar ao punto de partida.

Descubre carreiros novos, porque seguro qye pasaremos por algún sitio que non terías idea de que existira.

O prezo é de 5 euros para maiores e 3 euros para menore de 12 anos.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor "Grupo Banco Popular" na conta:

IBAN ES51  0238  8307  70  0600236806

Data límite de inscrición: 21/10/2016

Podedes atopar máis información na web: http://www.andatui.es/23102016-andaina-do-viveiro-forestal/

Esta será a última andaina a celebrar polo concello de Tui, rematando o Calendario de Andainas Saudables da Eurocidade co “Trilho das Dúas Bandas”, que se celebrará o 13 de novembro, polo Municipio de Valença.

 

 

 

O EQUIPO CADETE FEMININO DO CLUBE REMO TUI SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA

 

O Equipo Cadete Feminino do Club Remo Tui

Subcampión de España no Campionato de España de Yolas 4+

en Gandia Valencia o pasado 16 de Outubro de 2016.

 

O Club Remo Tui ven de participar a pasada fin de semana do 16 de Outubro de 2016, no Campionato de España de Yolas 4+, que tivo lugar en Gandia Valencia.

A Tripulación formada por:Lucía González, Katia Cardoso, Lara Álvarez, Iria Álvarez e Pablo Freiría ao timón, conseguiu facerse coa medalla de prata nunha regata moi dura e disputada.

A nosa sinceira noraboa a todo o clube, ao corpo técnico e por suposto ao equipo campión.

Unha felicitación especial para Lara, Iria e Pablo, antigos/as alumnos/as do noso centro, que son un referente para os nenos/as do Deporte no 2...grazas por ensinarnos tanto.

 


III OPEN DE ANDAINAS 25 QUILOMETROS DE TUI

 

III Open de Andainas 25 kilómetros Tui

Organizado polo Clube Xistrade Vigo, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis.

Este domingo 16 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá los campións da Copa de Andainas Populares de Regularidade, tralas realizadas en Vigo, Pontedeva, Montes de Vigo  Gondomar, segundo informaron onte fontes municipais.

A recollida das acreditacións comezará ás 8.15 horas, sendo a reunión técnica ás 8.45 horas e a saida a las 9.00 horas.

Trazado

O trazado partirá dende o Pavillón da Macoca, subindo ata o Castro do Alto dos Cubos. Baixará cara os muiños de Tripes e logo ascenderá ata a senda botánica e o Centro de Interpretación do Parque. Pasará pola Pedra do acordo.A última ascensión será ata a Capela de San Xulián no Monte Aloia, para descender polo Rego de Pedra e retornar ao Pavillón da Macoca.

As inscripcións ainda están abertas a través da páxina web www.xistra.org/copaandainas25.



III ANDAINA POLO RÍO FURNIA

III ANDAINA POLO RÍO FURNIA

O pasado sábado 8 de outubro tivo lugar na parroqui de Malvas a III Andaina polo río Furnia, organizada por Arume de Malvas.

Ademáis de facer o paseo pola veira do río, os asistentes topáronse con dramatizacións de oficios tradicionais, al lavandeiras, xente degullando o millo, leiteiras...que fixeron rir e desfrutar aos visitantes.

Ao rematar os asistentes disfrutaron dunha merenda a base de bocadillos, castañas asadas, sopas de "burro cansado", para os máis pequenos houbo xogas tradicionais e non podía faltar a música tradicional do grupo Arume de Malvas.

Convidámosvos a participar o próximo ano, e para que vexades o ben que o pasamos, aqui tedes unha pequena mostra.

CURSO DE ADESTRADOR

 

Curso de adestrador básico de fútbol UEFA B

 

Este mércores, 5 de outubro, ás 19h na Aula CeMIT na Área Panorámica comezará o curso de adestrador básico de fútbol UEFA B, organizado pola escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui.  No mesmo está xa inscritos unha véntena de persoas, estando aberta a matrícula aínda ata a próxima semana polo que os interesados poden achegarse este mércores ata a Aula CeMIT.

A presentación do curso tivo lugar esta mañá na casa do concello de Tui a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, o director da escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, así como José Luis Mosquera, responsable da escola na zona do Baixo Miño.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, amosou a súa satisfacción polo inicio deste curso na cidade ofrecendo o apoio do concello para ser sede permanente das actividades formativas da Federación Galega de Fútbol.  Salientou o rexedor que Tui é un referente en instalacións e práctica deportiva e agora tamén en formación no ámbito dos deportes.  Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, destacou a realización deste curso de monitor de fútbol UEFA B en Tui tras os cursos de monitor de fútbol base impartidos con anterioridade, agardando que no futuro se sigan a celebrar estas actividades formativas.

O director da escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, agradeceu ao Concello de Tui a colaboración para a celebración destas actividades amosando o interese da súa federación en que Tui poida ser sede permanente dos mesmos. Mentres como José Luis Mosquera, responsable da escola na zona do Baixo Miño destacou o axeitado das instalacións onde ten lugar o curso así coma a cualificación do profesorado que impartirá as clases.

O curso de adestrador básico de fútbol UEFA B celebrarase os luns e mércores de 19.30h a 22.30h na Aula CeMIT na Área Panorámica contando cun total de 300 horas teórico-prácticas. O prezo do curso é de 900€, tendo un desconto de 150€ os que con anterioridade realizou o curso de monitor de fútbol base. Tras rematar o curso os alumnos que superen esta formación poderán adestrar en calquera país da Unión Europea. 

I XORNADAS TÉCNICAS DE FÚTBOL SALA

 

I xornadas técnicas de fútbol sala

Esta fin de semana, 7-8 de Outubro o Baixo Miño Randufe Futsal, en colaboración co Concello de Tui, a Comunidade de Montes de Randufe e o CEIP Randufe, organiza as primeiras xornadas técnicas de fútbol sala, no pavillón deportivo do CEIP de Randufe.

Estas xornadas, que teñen carácter gratuíto, están dirixidas a xogadores/as de categoría cadete e infantil de fútbol sala. Nas mesmas contarase con adestradores de alto nivel e traballarase distintos aspectos desta modalidade deportiva: técnicos, tácticos, psicolóxicos, etc.

O programa está dividido en dúas xornadas:

  • Venres 7

    • Ás 18.45 horas – Charla do colectivo arbitral da delegación de Vigo – Modificacións na normativa

    • Ás 19.00 horas – Técnica individual e xogo real – Pedro Holstein (adestrador nacional portugués)

  • Sábado 8

    • Ás 10.00 horas – Futsal en inglés: aprender xogando – Diego Rubianes (Academia Concorde de Vigo)

    • Ás 11.30 horas – Exercicios para a conservación do balón – Santiago Rodríguez (adestrador nivel III)

    • Ás 12.15 horas – Adestramento de dualidades – Alfonso Fernández (adestrador titulado)

       

Os interesados poden acadar máis información e inscribirse a través do Baixo Miño Randufe Futsal, no número de teléfono 777.393.182 ou do enderezo electrónico randufefs@gmail.com.

PATINAXE PARA ADULTOS

 

Club Patinaxe Artistico Ribex Tui.

ADULTOS EN ACCIÓN

 

Señoras y señores temos algo increíble que contarlles , dende o pasado Martes día 4 de Octubre, os máis pequenos do Clube, os nenos de 60 anos volven á pista , así que todos os adultos que se animen a formar parte do equipo, non dubiden en apuntarse xa, no Club... animo a todos eses nenos maiores.

Informamoslles tamén que o prazo das escolas deportivas impartidas os Venres, permanece aberto!! e poden apuntarsse canto antes mandando un e-mail ao clubribex@gmail.com ou nos siguintes números de teléfono 667246016 o en 622653977

PARTIDOS BALONCESTO

 

Partidos de Baloncesto

 

Fin de semana do 8 de Outubro de 2016

 

Esta fin de semana podemos disfrutar do mellor baloncesto en Tui, aquí vos deixamos os partidos que podedes disfrutar no pavillón vello de Tui...animádevos a ir ver e animar aos xogadores do C.B. Tui.

 

III ANDAINA POLOS MIUÑOS DO RIO FURNIA

O vindeiro sábado día 8 de outubro, vaise levar a cabo a III Andaina polos miuños do río Furnia, na parroquia de Malvas.

Despois da andaina haberá unha merenda para tódol@s participantes, amenizada polo grupo de gaitas "Arume de Malvas" e para entrar en calor sopas de "burro cansado".

O prezo é de 3 euros, máis un euro que se donará a SOS Tomiño. O plazo de inscrición remata o xoves día 6 de outubro. Para apuntarse podedes chamar ao teléfono 655 602 787 ou mandar un correo electrónico a: arumedemalvas@gmail.com

Animádevos a pasar unha tarde agradable na natureza, facendo deporte, convivindo e pasándoo ben. Agardámosvos!!!!!

 

 

CUARTOS DE FINAL FASE DE ASCENSO XUNIOR-CLUB BALONCESTO TUI

Cuartos de Final

Fase de Ascenso Xunior

Club Baloncesto Tui.

Mañá Sábado día 1 de Outubro, terán lugar os cuartos de final da fase de ascenso Xunior, do equipo CB Tui Seta-Thermalia do Clube Baloncesto Tui. Este partido enfrontará ao equipo tudense co equipo Porriño BB, ás 18:00h no Pavillón Vello de Tui. Este equipo necesita o noso apoio e os nosos ánimos, así que se podedes que non falte ninguén a animar.

Ao longo do día terán lugar máis partidos de cuartos de final, que vos detallamos de seguido, por se vos animades a disfrutar de gran baloncesto en Tui.

ENRIQUE MÍGUEZ DOBRE CAMPIÓN DO MUNDO

O veterano Enrique Míguez, dobre campión do mundo de maratón

 Enrique Míguez, compoñente do Kayak Tudense, proclamouse dobre campión do mundo de maratón de veteranos en Brandeburgo (Alemania). O veterano palista  impusose na modalidade de C-1 e en C-2 xunto ó seu compañeiro Ignacio López Rey. Cada unha das regatas constaba de 19 quiilómetros nun escenario complicado. Os seus triunfos foron incontestables, xa que en ambos casos superou con solvencia os seus rivales. Enrique Míguez tamén logrou esta tempada proclamarse campión de Europa en Pontevedra.

ANDAINAS SAUDABLES

 

O sábado 24 e o domingo 25 de setembro,  realizaranse dúas andainas do Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, o “Camiño Portugués”, nas súas etapas polos municipios de Valença e Tui.

Así, o sábado 24, ás 09.00 horas españolas, os participantes sairán en autobús ata a localidade de Paredes de Coura, para percorrer unha distancia aproximada de 16 quilómetros ata Valença.

O domingo 25, ás 10.00 horas españolas, a andaina sairá dende a piscina municipal de Valença, para rematar no límite co Porriño, percorrendo una distancia de 15 quilómetros.

Como nas andainas anteriores, é necesaria a inscrición previa, a través do enderezo electrónica caminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com /
clubandatui@gmail.com, cun custe de cada andaina de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos, sendo o día límite de inscrición o día 23 de setembro.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook

https://www.facebook.com/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables-490178017705157/?ref=ts&fref=ts

CAMPUS DE FÚTBOL DA FUNDACIÓN CELTA DE VIGO

 Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo

4-8 Xullo de 2016

Instalacións deportivas Municipais Alvarez Durán.

Tui acollerá o campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo, que vai ter lugar do 4 ao 8 de Xullo en horario de 10:00-14:00h, nas instalacións deportivas Municipais Alvarez Durán.

O Campus está dirixido a xoves de 4 a 16 anos. As inscripcións están abertas ata o día 1 de Xulo a través da Web www.fundacioncelta.com.

Animádevos a disfrutar do futbol no verán!.

I CAMPUS SARA TUI

 I Campus Sara Tui.

18-22 de Xullo 2016

Campo de Futbol Alvarez Durán Tui

 Do 18 ao 22 de Xullo, en horario de 9:00h-13:00h, vaise levar a cabo o I Campus Sara Tui, de Fútbol, nas instalacións de Fútbol do campo Alvarez Durán de Tui.

Este Campus ten como obxectivo mellorar o adestramento específico dos nenos entre 6 e 14 anos.

Animamos a todos aqueles nen@s que vos guste o fútbol, a disfrutar de esta gran oportunidade....

Sara Tui é unha xogadora tudense, que na actualidade xoga na 1ª División de Fútbol Feminino Nacional.. As gracias a esta gran xogadora por esta gran labor. Gracias Sara!.

CLINIC JOE ARLAUKAS DE BALONCESTO EN TUI

 

Clinic Joe Arlauckas de Baloncesto en Tui.

O vindeiro día 2 de Xullo vai ter lugar, no Pavillón Novo de Tui, o Clinic Joe Arlauckas de Baloncesto. No que poden participar todas as persoas con inquietudes no mundo do baloncesto...

No mesmo participarán Pepe Laso, Pepe Casal,Antonio Carrillo entre outros, que nos aportarán parte da súa experiencia deportiva. ...

Para máis información: www.campusjoearlaukastui.com

Distribuir contido