O veterano Enrique Míguez, dobre campión do mundo de maratón
Enrique Míguez, compoñente do Kayak Tudense, proclamouse dobre campión do mundo de maratón de veteranos en Brandeburgo (Alemania). O veterano palista impusose na modalidade de C-1 e en C-2 xunto ó seu compañeiro Ignacio López Rey. Cada unha das regatas constaba de 19 quiilómetros nun escenario complicado. Os seus triunfos foron incontestables, xa que en ambos casos superou con solvencia os seus rivales. Enrique Míguez tamén logrou esta tempada proclamarse campión de Europa en Pontevedra.