![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/gif-christmas-tree-3.gif)
PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O NADAL.
O Nadal é unha boa época no ano, para practicar deporte en familia, e levar a cabo actividades lúdicas, onde @s nen@s e as súas familias pasen tempo xuntos. Este Nadal, deixámosvos proposta interesantes para facer en familia. É importante, que vos informedes da situación, horarios, etc... antes de desprazarvos ata estes fantásticos lugares. ![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/unnamed.gif)
Aquí vos imos deixar, varias propostas, por si son do voso interese, e entran dentro dos vosos plans para ás vacacións de Nadal.
En Galicia:
Nadal en Tui é unha das posibilidades máis próximas que temos, para gozar do nadal.
![Vigoplan | Tui, O Camiño Do Nadal Programación Navideña](https://vigoplan.com/wp-content/uploads/2022/12/Tui-o-camino-do-Nadal-Programacion-navidena.jpeg.webp)
Nadal en Vigo é unha das principais fontes de ocio durante as festas con atraccións, circo de Nadal, exposicións Living Dinosaurs, pista de xeo...
![](https://www.vigopeques.com/wp-content/uploads/2022/11/cuenta-atras-vigo.jpg)
Nadal en Lalín inaugura os sete poboados temáticos como reclamo turístico e un dos principais atractivos para as familias.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Lal%C3%ADn.jpg)
Nadal en Marín, continúa enchendo a localidade de actividades para toda a familia: Talleres, xogos, atraccións,concertos...
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Mar%C3%ADn.jpg)
Nadal en Allariz. Allariz celebra o Nadal, dende o 18 de decembro ao 9 de xaneiro, cunha programación chea de actividades para todos os públicos. As actividades irán dende cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro e actividades deportivas farán que os asistentes as mesmas gocen deste Nadal 2021.
Espectáculos, concertos e actividades infantís en Galicia no Nadal 2021. Aquí vos deixamos o enlace a moitos espectáculos, concertos, teatros... dos que podedes gozar.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Sin%20t%C3%ADtulo-1_16.jpg)
Manzaneda Nadal de neve.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Manzaneda.jpg)
En Portugal:
PERLIM: PARQUE TEMÁTICO DE NADAl EN PORTUGAL.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Perlim%20Portugal.jpg)
Cabeça . Serra da Estrela
Cabeça na serra de Açor e unha Aldea de Nadal, na serra da Estrela, sendo a primeira aldea de Nadal eco-sostible do país. As comunidades locais empeñáronse no desenvolvemento da decoración de nadal usando elementos naturais, excedentes forestais e agrícolas, así como lá da serra da estrela.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/aldeia%20cabe%C3%A7a.jpg)
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/aldeiacabe%C3%A7a.jpg)
Óbidos Natal.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/bidos%20Natal.jpg)
Lisboa. Wonderland Lisboa a máxia do nadal.
Aproveitade para camiñar, andar en bicicleta, en patinete... e visitar todos eses espazos naturais que o Nadal vos regale visitar. Esperamos as vosas fotos e recomendacións. Bo Nadal!.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Christmas-Biker.jpg)