Skip to Content

Monthly archive

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O NADAL.

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O NADAL.

O  Nadal é unha boa época no ano, para practicar deporte en familia, e levar a cabo actividades lúdicas, onde @s nen@s e as súas familias pasen tempo xuntos. Este Nadal, deixámosvos proposta interesantes para facer en familia. É importante, que vos informedes da situación, horarios, etc... antes de desprazarvos ata estes fantásticos lugares. 

Aquí vos imos deixar, varias propostas, por si son do voso interese, e entran dentro dos vosos plans para ás vacacións de Nadal.

En Galicia: 

Nadal en Tui é unha das posibilidades máis próximas que temos, para gozar do nadal.

Vigoplan | Tui, O Camiño Do Nadal Programación Navideña

Nadal en Vigo é unha das principais fontes de ocio durante as festas con atraccións, circo de Nadal, exposicións Living Dinosaurs, pista de xeo...

 

Nadal en Lalín inaugura os sete poboados temáticos como reclamo turístico e un dos principais atractivos para as familias.

Nadal en Marín, continúa enchendo a localidade de actividades para toda a familia: Talleres, xogos, atraccións,concertos...

 

 Nadal en Allariz. Allariz celebra o Nadal, dende o 18 de decembro ao 9 de xaneiro, cunha programación chea de actividades para todos os públicos. As actividades irán dende cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro e actividades deportivas farán que os asistentes as mesmas gocen deste Nadal 2021.

 

Espectáculos, concertos e actividades infantís en Galicia no Nadal 2021. Aquí vos deixamos o enlace a moitos espectáculos, concertos, teatros... dos que podedes gozar.

 Manzaneda Nadal de neve.

 

En Portugal: 

PERLIM: PARQUE TEMÁTICO DE NADAl EN PORTUGAL.

 

Cabeça . Serra da Estrela

Cabeça na serra de Açor e unha Aldea de Nadal, na serra da Estrela, sendo a primeira aldea de Nadal eco-sostible do país. As comunidades locais empeñáronse no desenvolvemento da decoración de nadal usando elementos naturais, excedentes forestais e agrícolas, así como lá da serra da estrela.

Óbidos Natal.

 

Lisboa. Wonderland Lisboa a máxia do nadal.

  

Aproveitade para camiñar, andar en bicicleta, en patinete...  e visitar todos eses espazos naturais que o Nadal vos regale visitar. Esperamos as vosas fotos e recomendacións. Bo Nadal!.

 

O TRIGO de 3ºA vai medrando.

O TRIGO de 3ºA vai medrando.

Curso 21-22

O trigo que plantou a clase de 3ºA, xa comezou a medrar. Cando chegamos das vacacións do nadal, atopámonos coa sorpresa de que medrou unha cuarta. Agora temos que coidalo moito.

 

AS LEITUGAS de 5ºA, moito medraron!.

AS LEITUGAS de 5ºA, moito medraron!.

Curso 21-22

As leitugas que no mes de setembro plantaron @s alumn@s de 5ºA, medraron moito durante estes meses. Pronto estarán listas para degustar unhas deliciosas ensaladas. 

Cos bos coidados de este alumnado xa se atopan así de grandes.

Os Grelos de 6º de Educación Infantil xa case están listos para comer

Os Grelos de 6º de Educación Infantil

xa case están listos para comer.

Curso 21-22

O alumnado de 6º de Educación Infantil, plantaron no mes de outubro a semente de grelos para facer receitas saudables. Aquelas sementes foron medrando e agora no mes de xaneiro xa teñen un bonito tamaño.

CABAZAS E FABAS DE 2º

AS CABAZAS E FABAS DE 2º COMEZAN A SAIR.

Curso 21-22

 Coas sementes de cabaza e fabas que nos trouxestes as familias, o alumnado de 2 fixo os seus semilleiros no mes de decembro. Agora no mes de xaneiro empezan a saír as primeiras plantiñas. @s nen@s de estas clases regan e coidan con moito agarimo para cando  chegue a primavera pasalas a horta. 

 

Novo protocolo COVID no ámbito educativo

 

Prema na imaxe para visualizar o documento

ACCESIBILIDADE

 

ORIENTACIÓNS, FERRAMENTAS E RECURSOS

PARA FACER ACCESIBLES AS PROPOSTAS EDUCATIVAS   

 

 

 Documento do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE), con recursos e orientacións para facilitar o acceso a aprendizaxe de tod@s.



by Dr. Radut