Skip to Content

Monthly archive

PRENSA

 

SAÍMOS NO PERIÓDICO

Curso 21-22

 

O luns 28 de febreiro saímos no periódico " La Voz de Galicia" coa  exposición de cartetas e máscara naturais, unha actividade feita polas familias. Moitas gracias por colaborar con nós.

Foi todo un éxito!! 

 

Deixámosvos o enlace á noticia dixital.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2022/02/25/mascaras-recicladas-carnaval-colegios-voz-natura/00031645803347112600774.htm

 

 

Deporte en Tui

Carreira Castro San Miguel Oia

16 de febreiro de 2022.

O pasado domingo 16 de febreiro, tivo lugar a Carreira Castro San Miguel en Oia. Na mesma, participou o Club Atletismo Tui con moitos deportistas, entre os que se atopaban Vio e Elena de 3ºC. Elas quixeron compartir coa súa clase as súas medaias. Noraboa Campionas.

Deporte na Escola

Ruta de Orientación na Escola 

1º de Primaria.

O pasado venres 25 de febreiro o alumnado de 1º gozamos de unha xornada de Orientación na escola. As profes faláronnos das balizas, das follas de rexistro, do traballo en equipo e dos mapas de orientación. Pasamos unha maña estupenda na que nos divertimos moito.

A nosa horta

AS LEITUGAS de 5ºA, listas para comer!.

Curso 21-22

O venres 25 de febreiro, o alumnado de 5ºA recollemos a primeira colleita de leitugas. Cada un/unha levamos a nosa leituga para casa, para facer deliciosas ensaladas. Aquí vos deixamos imaxes da nosa colleita.

23 DE FEBREIRO DE 2022.- DÍA DE ROSALÍA

Queredes ver qué fixemos no 2 este ano para celebrar o día de Rosalía??

Pois aqui tedes unha pequena mostra do gran traballo dos nosos alumnos. Temos de todo un pouco....:

En primeiro ciclo fixeron uns libriños sobre a nosa meirande autora. No segundo ciclo o alumnado fixo e decorou uns abanicos con diferentes cousas relacionadas con esta celebración. No terceiro ciclo os alumnos fixeron uns marcapáxinas de origami coa figura de Rosalía.

Todo o cole, dende infantil a sexto.....escollemos verbas en galego para rosalía coas que logo fixemos unhas nubes de palabras moi bonitas e coas que decoramos as escaleiras do noso centro.

E para rematar, todos fixeron carautas da autora que pintaron e ata incluso disfrazaron pola proximidade do entroido este ano.

Por ter, temos ata unha foliada para Rosalía composta e cantada polo alumnado de 3ºB. Aquí vos deixamos uns vídeos e fotos do que fixemos con tanta ilusión:

 

 

 

 

 

SAMAÍN 2021

E celebramos o tradicional Samaín no cole, pouco a pouco recuperando a ilusión, o compartir, as experiencias alegres, o vernos uns aos outros ainda que sexa de lonxe......Este ano isto foi o que preparamos:

 

TATUAXES E DISFRACES:

PHOTOCALL:

CONCURSO DE MONSTROS:

OS GAÑADORES FORON MOI DIFÍCILES DE ELEXIR...

  Aquí deixamos un vídeo resumo de todas as actividades......como nos gusta o Samaín, como nos gustan as cousas de medo no "!!!!

 

 

CURSO 2021-2022

Benvidos ao curso 2021-2022!!!!

Un ano que comeza con moita ilusión para o noso equipo, coa esperanza de que poidamos facer todas as actividades coa normalidade de antes.

Con moitas ganas de traballar polo noso, polo noso idioma.... COMEZAMOS!!!!!

 



by Dr. Radut