Visita aos Parques Naturais de Portugal.
Durante o mes de xaneiro o alumnado do C.E.I.P Nº2 de Tui percorremos moitas millas, no noso circuito do cole, tantas que nos permitiron visitar case todos os Parques Naturais e Nacionais de Portugal.
En total en xaneiro fixemos 1759,5 millas, que sumadas as 4546 millas do 1º trimestre suman un total de 6305,05 millas. Despois de percorrer todos os espazos naturais de Galicia, este mes puxemos rumbo ao país veciño, que nos ofrece moitos espazos con encanto, para practicar actividade física, sá e saudable.
Convidámosvos a visitalos en familia e enviarnos as vosas fotos. Esperamos as vosas millas do mes de febreiro para seguir coñecendo parques naturais fascinantes. Rexistrádeas aquí.