O día 1de decembro de 2022, Adam nos propuxo un artículo fascinante. A tregua de Nadal, unha fascinante historia deportiva cargada de valores.
A Tregua de nadal foron, unha serie de ceses ao lume, non oficiais que se extenderon ao longo do Frente Occidental, durante a Primeira Guerra Mundial a redor do Nadal de 1914.
Na semana anterior ao 25 de decembro, os soldados cruzaron as trincheiras para saudar aos soldados do bando contrario. Incluso se xogaron partidos de fútbol entre ambos bandos, dando lugar a imaxes verdadeiramente significantes.
Premede na foto para saber máis de esta fascinante historia.
Moitas grazas Adam por esta lectura deportiva, cargada de valores tan importantes para a vida.
O pasado, venres día 9 de decembro de 2022 , tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño.
A xornada louse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºB, 4ºB. Xogamos a bádminton, volei, balonmán, baloncesto, xadrez e fútbol-sala. Una xornada fantástica na que nos divertimos moito xunto ao alumnado de Sobrada. Grazas pola visita.
Grazas aos coles, familias e mestres que coa súa axuda fan posibles estas xornadas fantásticas.
Arta e a lectura deportiva, que Jose de 5ºB, nos propuxo o día 12 de decembro de 2022.
Arta e a invasión máxima é un dos libros da apaixoante colección de libros Arta. Neste caso o avión no que viaxa Arta, tivo un accidente e aterra nun lugar bastante estrano. Se premedes na seguinte imaxe, atoparedes información interesante sobre esta lectura, para que vos animedes a lela.
Dende o pasado venres día 16 de decembro ata o domingo 18 de decembro, levouse a cabo a XII Tic Tac Cup Cornellá, na que participaron numerosos equipos alevíns a nivel nacional e internacional.
Entre eles o Real Club Celta de Vigo, no que xoga Humberto Rey de 5ºB.
Humberto desprazouse ata Cornellà co seu equipo e tivo a oportunidade de xogar con grandes equipos coma o Andorra, o Valencia, proclamándose novenos no torneo.
Humberto destacou polo seu gran fútbol e polos seus valores deportivos, do que se fixo eco a prensa que cubria o partido, coma podedes ver a continuación.
O teu navegador non soporta este vídeo.
Noraboa Humber polos teus grandes logros! Pasao ben, vive o fútbol, leva sempre contigo eses valores deportivos que te fan grande e chegaras alá onde te propoñas.
Atoparedes máis información de este torneo, premendo no escudo.
As familias colaboraron traendo produtos típicos do outono para expoñer no recuncho de Voz Natura E Aliméntate ben e que todos puidesen tocar, cheirar e incluso probar: castañas, noces, piñóns, follas, espigas, cabazas…