Skip to Content

Monthly archive

Día Internacional das persoas con discapacidade

O 3 de Decembro celebrouse o Día das Persoas con Discapacidade.

No noso cole , tivemos a gran sorte de contar con Iria, intérprete de signos en ANARELA. Con ela aprendemos a panxoliña de Nadal "Os pitiños" en LSE.

Aquí vos deixamos una mostra para que podades aprendela.

MOITAS GRAZAS IRIA!

 

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

CEIP Nº2-CEP Pedro Caselles

Curso 22-23

Mércores día 14 de decembro de 2022

 O vindeiro mércores día 14 de decembro de 2022  terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- CEP Pedro Caselles de Tomiño. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA, 4ºA. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda. As familias que queiran asistir, poderan facelo.

Deporte en Tui

Walk Cycle-- | Walking gif, Walking animation, Learn animationIX Camiñada solidaria 2022-

O domingo 18 de decembro realizarase a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño, organizada polo clube AndaTui.

Este ano a Camiñada Solidaria levarémola a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juanjo Perles, tamén tudense.

Atoparedes máis información, premendo sobre a imaxe. Animádevos a practicar deporte en familia.

Deporte en Tui

1ª San Silvestre (Tui, 31 de nadal de 2022).

O Club Atletismo Tui, coa colaboración do Concello de Tui, vai organizar o día 31 de nadal de 2022, a 1ª proba San Silvestre en Tui. Esta proba poderá realizarse correndo ou andando. Unha fantástica posibilidade de prácticar deporte en familia.

Animádevos a participar en familia!. Ao remate da proba haberá chocolate, rosca e uvas.

Inscrición  será gratuíta imprescindible ata o mércores 28 de decembro.

En beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Poden facerse donativos no seu número de conta (ES50 2100 2188 8302 0022 3608) ou en efectivo coa recollida do dorsal o día da carreira.

Atoparedes máis información na web do Club Atletismo Tui.

 

 

Deporte en Tui

Gifs de Balones de FutbolTui acollerá o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala o martes 6 de decembro

Tui acollerá o próximo martes, 6 de decembro, o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal.

Aos que vos guste este deporte, animádevos a ir ata os pavillóns de Tui onde poderedes gozar do mellor fútbol-sala de base. Clicade sobre a imaxe para dispoñer de máis información.

Lecturas Deportivas

EL GRAN LIBRO DE LOS DEPORTES.

Geronimo Stilton Gif - GIFcen

Uxía 5ºB.

O gran libro dos deportes é unha aventura de Gerónimo Stilton, que asume a responsabilidade de organizar, os primeiros xogos da Illa dos ratos. Unha superhistoria deportiva que hoxe mércores 30 de novembro nos trae Uxía de 5ºB. 

Así que decide investigar sobre os deportes dos humáns, todos os que son Xogos Olímpicos. Fai un repaso polos distintos deportes, curiosidades, récrods, os mellores atletas, todo con fantásticas fotografías.

Pinchade na foto seguinte é atoparedes máis información.

 

Gerónimo Stilton " O Fantasma do metro".

Uxía 5ºB.

O pasado mércores 22 de marzo de 2023, Uxía de 5ºB presentounos como traballo do segundo trimestre: O Fantasma do metro, da colección libros de Gerónimo Stilton. Uxía é unha apaixoada de estas aventuras, que recomenda para tódolos lectores.

 

Unha fantástica historia, que se leva a cabo no metro de Ratonia e no que Gerónimo terá que intervir. animádevos a leela.

 

Stilton 12: el fantasma del metro: Geronimo Stilton 12 : Stilton, Geronimo:  Amazon.es: Libros

 

 

 

Gerónimo Stilton é unha colección que ten outras fantásticas lecturas, entre elas, destacar "Gran Rat Rally", para os que vos guste o mundo do motor como a Andrés, Richard...

Moitísimas grazas Uxía.

Lecturas Deportivas

Gifs animados de Platillos volantes, animaciones de Platillos volantesYoSoyPlexAhiVa! PequeNautas - Gifs animados, animaciones - Extraterrestres - Platillos  volantes

Jose Luis 5ºB.

Hoxe 30 de novembro de 2022, Jose Luis de 5ºB traenos unha aventura basada en "battle royale" na que tí tamén eres o protagosista, axudando a Plex a superar as probas do torneo intergaláctico e acadar victoria.

Se clicades na seguinte imaxe , atoparedes información interesante sobre esta youtuber lectura.

Moitísimas grazas Jose!.

YoSoyPlexAhiVa! PequeNautas - Gifs animados, animaciones - Extraterrestres - Platillos  volantes

Erick 5ºB.

 

Hoxe 15 de decembro de 2022, Erick de 5ºB traenos outra aventura de  "YoSoyPlex y la pirámide maldita". Da noite a mañá en Egipto aparece unha nova pirámide. Din que esconde un tesouro moi poderoso. Nadie e quen de investigar salvo Plex.

Aquí vos deixamos o enlace á súa aventura.

yosoyplex en la piramide maldita (plex extremo 1)-9788419085306

Lecturas Deportivas

Patinadora artistica en Patinaje - GIF Animado | REYGIFAntihéroes Olímpicos.Nadador en Natación - GIF Animado | REYGIF

Humberto 5ºB

Hoxe 30 de novembro de 2022, Humberto de 5ºB preséntanos unha proposta fascinante" Antihéroes Olímpicos.

Un libro basado en feitos reais, que conta as aventuras e peripecias de deportistas que fixeron historia nas olimpiadas, non tanto polos seus logros, senon polo seu camiño para chegar a eles. Atoparedes máis información sobre o libro se pinchades na imaxe seguinte.

 Moitas grazas Humberto, unha lectura apaixoante.



by Dr. Radut