Skip to Content

Monthly archive

Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar.

Mércores 15  de Xuño 2022.

 O pasadp mércores día 15  de xuño de 2022, tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago en barco e en tren turístico, para todo o alumnado de 2º.  Consistiu nun paseo pola cidade de Tui, ruta en barco polo Río Miño e volta ao centro educativo en tren turístico.


Moitas grazas ao Concello de Tui, Eurocidade, Hemisferios, tren turístico, por facer posible que o noso alumnado poidera gozar de esta experiencia fascinante.

Actividades no Medio Natural

 Viaxe as Illas Cíes.

 Alumnado de 4º

14-06-22

O alumnado de 4º do CEIP Nº2 de Tui, tivo oportunidade de visitar as Illas Cíes, dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Unha excursión fascinante en barco, con Ginkana e paseo pola illa, para descubrir cousas fascinantes sobre a súa fauna e flora.

 

 

Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago
Saudable, Deportivo e Escolar

Xoves 2 de Xuño 2022.

 O
pasado luns día 13 de xuño de 2022, tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago
Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º.  Consistiu nun paseo con probas
 dende o colexio, pola cidade de Tui e volta ao
centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago
durante a actividade.


Actividades no Medio Natural

Ruta do Río Lagartón

e do Camiño de Santiago

Venres 10 de Xuño 2022.

 O pasado venres día 10 de xuño de 2022,  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Consistiu nun paseo,  dende o colexio pola Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos relacionados co Camiño de Santiago, durante a actividade .

Actividades no Medio Natural

Ruta en Patinete 4º.

Mércores 9 de xuño de 2022

 O pasado xoves 9 de xuño de 2022,  levouse a cabo unha Ruta en patinete, para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe durante a actividade.

Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Mércores 8  de Xuño 2022.

 O pasado mércores día 8 de xuño de 2022, tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago en barco e en tren turístico, para todo o alumnado de 1º.  Consistiu nun paseo pola cidade de Tui e ruta en barco polo Río Miño e volta ao centro educativo en tren turístico.

Deporte Escolar

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O pasado mércores 25 de maio, tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. Unha xornada estupenda, na que todo o alumnado recibiu a súa medaia de participación.

Deporte Escolar

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O pasado martes 24 de maio, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para    Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. 

 

A Nosa Horta

XARDINEIRAS RECICLADAS

Curso 21-22

O alumnado de 2º tamén se sumou á  elaboración de xardineiras con materiais de refugallo ou que xa non empregamos. É inclible a creatividade que podemos desenrolar e a cantidade de cousas que podemos facer con obxectos que ían a parar aos vertedoiros. En 2ºA plantamos sementes de xirasois e  millo en recipientes decorados con animais, superheroes, etc... Aos que lle engadimos un poema de Florencio Delgado.

 

A Nosa Horta

Recollemos Frambuesas da nosa horta.

No mes de maio, as nosas frambueseiras, comezaron a dar froito. Unhas ricas e exquisitas delicias que degustou o noso alumnado.

 



by Dr. Radut