Skip to Content

Monthly archive

Sendas e Rutas con Encanto para facer no verán en familia

Sendas e Rutas con Encanto para facer en familia no verán en Tui.

Unha proposta moi importante para o verán para facer en familia, son as sendas ou rutas de sendeirismo ou en bicicleta. Aquí no noso entorno temos moitas posibilidades. Aquí vos deixamos algunhas, pinchade na senda que queirades visitar:

Sendas do Monte Aloia: 

•   Senda dos Muíños do Tripes: 

•  Senda do Río Lagartón:

 ·  Senda da Pedra Santa: 

 


EXPOSICIÓN COROAS DE NADAL

▷ Coronas de Navidad: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!EXPOSICIÓN COROAS DE NADALCoronas de Navidad - 27 Gifs animados | Gifmaniacos.es

Curso 22-23

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da exposición das coroas de Nadal. Todas elas feitas en familia e con materiais de refugallo.

Moitas grazas coma sempre por participar en todas as actividades propostas.

Deporte na escola.

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

 

Competición de Bádminton Categoría Benxamín, Alevín e Infantil

( 3º, 4º, 5º e 6º). Curso 22-23

O vindeiro martes, día  24 de   xaneiro, dará comezo a competición escolar de Bádminton, as  Xornadas terán lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:00h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro martes día 17 de xaneiro.Achegamos calendario coas xornadas que irán por separado.

Para o alumnado de 5º e  6º será o martes 24 de xaneiro e o martes 7 de febreiro.

Para o alumnado de 3º, 4º e repetidores de 6º será o martes 31 de xaneiro e o martes 14 de febreiro.

A Xorndad Final será o mércores 1 de marzo para todos.

 

Preme aquí para descargar a inscripción de alevín.

Se queres a inscripción de Benxamín e Infantil preme aquí.

Animádevos a participar e pasar boas xornadas xogando a bádminton.

Deporte na Escola

 

DEPORTE ESCOLAR.

 Dinamización Intercentros

 Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 Curso 22-23

 Martes, 31 de xaneiro de 2023.

 

 O vindeiro martes día 31 de xaneiro de 2023  terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºB, 4ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda. 

Deporte en Tui

Trail do Aloia Aloia Kids Trail 23.

Sábado, 11 de febreiro de 2023 ás 16:30h.

 

O vindeiro sábado, 11 de febreiro de 2022, as 16:30h, terá lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, nas instalacións deportivas da Amacoca. As Categorías serán:

Sábado, 11 de febreiro ás 16:30h.

BABY POWER: de 5 a 8 años / BABY ROCKET: de 9 a 11 anos/ BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos.

Domingo,  12 de febreiro ás 10:00h

A proba de 20k a saída será ás 10:00 da mañá  e reservada para corredores maiores de 18 anos.

A proba de 10k a saída será ás 11:00 horas e reservada para maiores de 15 anos.

 

 

Para o alumnado deixámosvos a folla de inscripción aquí.

Para os adultos a inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:

https://www.deporticket.com/web-evento/7923-aloia-trail

Atoparedes toda a información en : http://www.traildoaloia.com/

Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en Tui.

Lecturas Deportivas

Javier Rodríguez 5ºA.

Javier Rodríguez de 5ºA, compartiu con nós o 13 de xaneiro de 2022, o seu traballo sobre lecturas deportivas "Alex Remiro".

Javier un admirador de Alex, xa que xoga coma porteiro de fútbol, coma él, explicounos que neste traballo investigou sobre o seu ídolo. Na súa lectura podedes atopar fotos, resultados, enquisas, equipos nos que xogou, etc... 

Moitas grazas Javi, gran traballo, dende logo unha gran lectura futbolista.

Lecturas Deportivas

Sergio  Fontenla Alonso 4ºC

Premio Lector Honra Infantil 2022

Biblioteca Municipal de Tui.

Hoxe 16 de xaneiro de 2023, Sergio Fontenla de 4ºC quixo compartir con nós, o premio que lle entregaron na Biblioteca Municipal de Tui. Diploma a Lector de Honra Infantil 2022, por ser a persoa que máis libros leu durante o ano 2022.

Noraboa Sergio! A seguir vivindo aventuras apaixoantes nos libros e animando aos compañeir@s a vivilas.



by Dr. Radut