Skip to Content

Monthly archive

Deportes de Auga para o Verán

Deportes de Auga para o Verán.

Para este verán,  propoñémosvos pasalo ben cos  deportes de auga, das posibilidades que nos ofrece o noso entorno. Aquí vos deixamos información, para que vos animedes a prácticar  todas esas actividades:

  • Se vos animades a facer Piragüismo, no Club Kayak Tudense poderás levar a cabo cursos durante todo o Verán. Tamén vos podedes apuntar en familia ao " Descenso do Río Miño" unha experiencia inolvidable para vivir. Para obter máis información podedes chamar ao teléfono 986609248, no correo electrónico: kayaktudense@kayaktudense.org ou na Web: http:www.kayaktudense.org.

  • Se o que queredes é practicar Remo, no Club Remo Tui, poderás aprender a remar, nos seus cursos de Verán. Estes serán para nenos e para adultos.  Para obter máis información podedes chamar ao teléfono 649867136 ,  ou no correo electrónico: clubremotui@gmail.com ou  na Web: http://crtui.blogspot.com.es/ 

  • Se o que queredes é probar o Sky Náutico, no Club Náutico San Telmo, poderás  facelo tamén aquí no Río Miño . Para obter máis información podedes chamar ao teléfono 986602464 ou na Web: http://www.cnsantelmo.com/

  • Se o que queredes é probar aguas bravas, no Club Piragüismo Penedo, poderás  facelo tamén aquí no Río Miño . Para obter máis información podedes chamar ao teléfono 650576610 ou na Web: http://clubpiraguismopenedo.com/

20 de decembro: O alumnado de 4º de EP, protagonistas da nosa radio

  Programa especial do mes de decembro a cargo do alumnado de  4º de Educación Primaria.

Rematarán  a  súa  intervención   cantando, todos  xuntos, a panxoliña Ob-La-Di, Ob-La-Da baseada nun coñecido tema dos Beatles.

 

                                               
    

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián

Curso 19-20

Venres  día 17 de xaneiro de 2020

O vindeiro venres día 17 de xaneiro de 2020  terá lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián.  A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºB,  5ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

XA VAN SAÍNDO....!!

Aínda que o mal tempo tíñanos un pouco preocupados, hoxe podemos dicir que xa temos que ir pensando en cómo imos integrar os grelos da clase de 3 Anos A e B ou as cebolas de 5º C nunha receita súper saudable.....seguro que as titoras xa teñen algo pensado......haberá que estar atentos!! Guiño

   

 

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

 

Bádminton Curso 19-20

O vindeiro martes 21 de xaneiro, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

MEDIACIÓN ESCOLAR

Curso 2023-24

   

 

 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023/24

 

 

 

 

 

 

PLANTILLA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA TARDE

 

 

Se viaxo no bus

Para aqueles nenos e nenas da área de influencia do Centro que viven un pouco lonxe (Bornetas, Areas e Pexegueiro),  a Consellería de Educación ofrece o servizo de transporte escolar de maneira gratuíta.

Se non se está escolarizado na área de influencia, este servizo só poderá utilizarse coa solicitude á dirección do centro e a correspondente autorización para o curso académico por parte de Xefatura Territorial.

A empresa que ten a concesión é MONBUS.     

A hora de recollida polas paradas é en torno ás 08:45 h. para estar no centro antes das 09:15 horas; e a de volta a casa será a partires da 14:15 h. unha vez rematadas as clases.

 

Rutas e paradas

 

Rutas               Paradas                             Número de nen@s
99PO0462

Rafi

San Martiño

Gaios

Anta Abaixo                   

Anta Arriba

Viveiro

Cruce Sobrada

Salgueiriño

Saídes

Souto - Pexegueiro

Fonteseca  - Pexegueiro 

           28
99PO0471

Parador

Rotonda

Areas 

25

 

Deberes do alumnado transportado

  •  Estar puntualmente na parada nas horas de saída do autobús.
  •  Non acercarse ao autobús ata que estea totalmente parado, nin  levantarse dos seus asentos durante o traxecto.
  •  Respectar ao acompañante e ao conductor do autobús.
  •  Non tirar papeis ou outros desperdicios no vehículo, nin ocasionar danos no mesmo.
  •  Axudar aos seus compañeiros menores ou con limitacións físicas.
  •  Non molestar ou perturbar a conducción do vehículo.

 

En todas as rutas temos un acompañante. Según establece o Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, as principais funcións do acompañante son:
  • Coidar da seguridade dos menores durante o transporte escolar, e procurar que non se produzan altercados durante a viaxe.
  • Encargarse da recollida e acompañamento do alumnado durante o seu transporte, así como das operacións de acceso e abandono do vehículo.
  • Comunicar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria calquera incidencia que atinxa ao alumnado durante o transporte ou nos momentos de acceso e abandono do vehículo.
  • Coordinar as operacións de evacuación do vehículo e atención aos feridos, no seu caso, cando se produzan averías ou accidentes de circulación.


by Dr. Radut