Skip to Content

Monthly archive

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

Sábado 19 de Xaneiro de 19.

A proba de campo a través no Rosal terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xaneiro de 2019 no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño.

Celebráranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín, alevín,  infantil e cadete, tanto feminino como masculino.

Atoparedes información detallada en Agrudebam.

Feliz Navidad Ceip Nº2 de Tui

Feliz Navidad Ceip Nº2 de Tui

Desde el Ceip Nº2 de Tui queremos compartir con todos vosotros los mejores deseos sanos y saudables para el próximo año 2019.

 Tamén o alumnado de Infantil do cole preparou un video con todo o agarimo para todos vós, cos mellores desexos para o 2019. Pinchade na foto de abaixo para velo.

 

CALENDARIO BÁDMINTON. AUTORIZACIÓNS

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton 

Curso 18-19

 

O Vindeiro martes día 22 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Alevín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 5º e 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  18 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 5 de febreiro e a xornada final o Mércores 20 de Febreiro. Aquí podedes descargar a folla de inscripción Alevín.

O Vindeiro martes día 29 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Benxamín e Infantil, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º,4º e repetidores de 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  18 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 5 de febreiro e a xornada final o Mércores 20 de Febreiro. Aquí podedes descargar a folla de inscripción Benxamín e Infantil

Aquí podedes descargar o calendario de competición.

PROBA CAMPO A TRAVÉS

Campo de fútbol da Canosa O Rosal

O Vindeiro Sábado día 19 de xaneiro

Será en  horario de mañá. Vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do Campo de Fútbol da Canosa en O Rosal. A saída do bus para tódolos nenos/as que participan nesta competición será: ás 9:00h no C.E.I.P. Nº 2 de Tui, 9:05h nas paradas de Rafi,Rotonda e Areas. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso. 

Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer a notiña  que adxuntamos asinada antes do vindeiro venres día 15 de xaneiro de 2019, coa mesma autorizo a que o Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui  inscriba ao alumnado participante na proba ( nome, apelidos, data de nac, …) e que estes datos estén a disposición das entidades organizadoras :  Xogade,  Agrudebam, Erasmus+…Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

Festival de Nadal de Patinaxe

Festival de Nadal de Patinaxe en Tui

O Club de Patinaxe Artístico Ribex, en colaboración co Concello de Tui, organizou o pasado domingo, 20 de decembro, ás 18h no novo pavillón deportivo municipal de Tui o Festival de Nadal de Patinaxe.No que participaron moitos alumn@s do noso centro 

 

Neste festival realizaron exhibicións os grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Aquí vos deixamos unha foto das medallas que conseguiron algunhas das participates nesta xornada, que ao igual que todos os seus compañeiros disfrutaron moito desta xornada.

Moitas grazas ao club Ribex por organizar eventos tan interesantes coma este.

Correspondencia con Torrevieja

CORRESPONDENCIA CON TORREVIEJA

Moitos nenos e nenas do colexio escribiron unha postal de Nadal para os nenos e nenas do colexio " Las Culturas" de Torrevieja, que participa connosco no proxecto Erasmus+.

Estas son algunhas das que foron enviadas.

E tamén recibimos doce sobres cheos de felicitacións navideñas mandadas desde Torrevieja para os nosos nenos e nenas.

Moitas Gracias!!

Biblioboletín Nadal

Biblioboletín Nadal.

Cada trimestre enviamos ás familias un Biblioboletín dando conta do traballado durante o trimestre.

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Goián

Curso 18-19

venres  día 18 de xaneiro de 2019

 O vindeiro venres día 18  de decembro de 2019 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 3ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºC, 6ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

1ª Xornada de Bádminton Alevín. Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O vindeiro martes 22 de xaneiro, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chaándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 "Promover estilos de vida felices e saudables" Armagh Luns 21 de Xaneiro 19- Venres 25 de Xaneiro 19

Evento Conxunto de Formación do Profesorado

Erasmus + 18-20

"Promover estilos de vida felices e saudables"

Armagh

Lunes 21 de Xaneiro 19- Viernes 25 de Xaneiro 19

Durante a semana do 21 ao 25 de xaneiro de 2019, varios mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Colexio Christian Brothers Primary School de Armagh en Irlanda do Norte. Dito evento está incluido dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “Promovendo estilos de vida felices e saudables.

Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:

·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. 
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)  
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). 
   

Na xornada do martes 22 de xaneiro de 2019, o profesorado tivo unha xornada de formación nun deporte típico de Irlanda: tomaron contacto co Fútbol Irlandés ou Fútbol Gaélico para ensinarllo aos nenos do colexio de Armagh e tamén aos nen@s do noso centro.

 

Na xornada do mércores 23 de xaneiro, visitaron a escola de Armagh, para coñecer o seu sistema educativo, as aulas, o alumnado, etc. Despois participaron nunha asemblea con todo o alumnado do centro na que se proyectaron os vídeos de deportes típicos de cada país socio do proxecto e tamén unha pequena exhibición de música e baile irlandés.

   

 

Finalmente, na xornada do xoves 24 de xaneiro e para rematar a estadía en Armagh, a formación xirou arredor do desenvolvemento do proxecto, formación en Erasmus+, plataformas eTwinning, etc.

 

Unha experiencia que tal como nos transmitían os compañeiros desprazados a Armagh, é moi enriquecedora e  totalmente recomendable.

 



by Dr. Radut