Skip to Content

Monthly archive

Manifesto polo 25 de Novembro de 2023

As nenas e nenos de 6º de Primaria elaboraron un manifesto polo día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

#NósSeremosOCambio #NinUnhaMáis

  ENTRA AO DOCUMENTO ADXUNTO

Deporte en Tui

Urban Trail Night | EurocidadeVI Urban Trail Night Eurocidade.Urban Trail Night

Sábado 25 de Novembro de 2023

Eurocidade Valença- Tui

O vindeiro sábado día 25 de Novembro de 2023, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba terá lugar entre Valença e Tui, a partires das 19:30h ata ás 21:00h.

VII Urban Trail Night Eurocidade

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, en resposta a adenda 2030 e como ven sendo habitual, imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na mesma, como voluntarios que cubran a seguinte notiña.

Pincha aquí para descargar  a nota de Inscripción

Deporte na escola

Club Balonman Tui : sitio oficial del club de balonmano de Tui - clubeoPromoción de BalonmánBALONMANO – Disciplina de alta competitividad, donde se enfrentan 2 equipos  de 6 jugadores y 1 portero con el fin de quien haga mas goles es el que  gana el encuentro.

Mércores de setembro de 2023.

O mércores 13 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Martín e varios xogadores coñecemos o Club Balonmán Tui que adestra no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Un deporte fantástico que nos animaron a practicar.

Moitísimas grazas equipo.

 

Deporte na escola

Judo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFERPromoción de Judo e BaloncestoBasket ball GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

Martes 12 de setembro de 2023.

O martes 12 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Alejandro e Javier Niño coñecemos o Club Baloncesto Tui que adestra no pavillón vello de Tui, eles animáronnos a practicar este deporte durante todo o curso, nas súas instalacións.

 

Con Rubén Morais do Club Judo Tui, aprendemos técnicas de defensa persoal, a coidar de nós e a coidar dos demais, no ximnasio do colexio. Rubén animounos a visitar as instalacións do seu Club no Centro Interfederado, onde estará encantado de compartir grandes momentos con nós e con este deporte.

 

Grazas, moitas grazas a Rubén, Javi e Alejandro.

 

Investigamos

Cotilleando" con el microscopio... | Aula de ciencias ...ECO-RETO “INVESTIGAMOS COS ALIMENTOS”Orange Naranja Sticker - Orange Naranja Fruit - Discover ...

Nesta ocasión o alumnado de terceiro observamos como día tras día os fungos medraban nunha laranxa. A laranxa é un alimento que aporta á nosa alimentación moita vitamina C, pero muda de estado coa axuda dos fungos.

Comprobamos que son un grupo de seres vivos que se alimentan da materia en descomposición. Este fungo que afecta aos cítricos chámase Penicillium digitatum e deixa unha froita, moi rica e saudable como a laranxa, nun estado non apta para o consumo. Iso si, neste estado de descomposición é moi útil para engadir ao composteiro, onde se transformará nun compostaxe excelente.

 

@voznatura

#RetoInvestigamos #voznatura #eco-retos

Deporte na escola

 

Ping Pong | Ping pong, Pixel art design, Motion design animationTenis de Mesa 23-24.▷ Tenis de Mesa y Ping-Pong: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 22 e 29 de novembro2023.

          A xornada de Tenis de Mesa prevista para o vindeiro mércores día 15 vai ser adiadas para comezar o mércores 22 e rematar o mércores 29 de novembro de 2023, por mor do aprazamento das xornadas de Campo a Través. Sentimos as molestias que isto lles poida ocasionar. 

Eco-Retos

Gifs animados de Lupas, animaciones de LupasECO-RETO DE NOVEMBRO “INVESTIGAMOS” Imágenes y Gifs Animados ®: IMÁGENES DE HORMIGAS

En infantil estiveron investigando os tipos de árbores que temos na contorna. Sairon a recoller follas e froitos para ver as súas formas e cores. Tamén aprenderon sobre algúns dos animaliños que viven neles.

Deste xeito tamén fomentamos o gusto, respecto e coidado por calquera espazo natural.

Crearon os seus recunchos de outono, aos que poden ir en calquera momento a relaxarse e fedellar. Tamén fixeron moreas de actividades sensoriais moi divertidas que fomentan a súa creatividade. 

 Neste mes de novembro o eco-reto de Voz Natura é “investigamos”, anímannos a  coñecer a importancia da fauna e flora e conservar a nosa biodiversidade, os diferentes hábitats e o patrimonio natural.

Dende aquí animámosvos a todos a facelo e a compartir connosco as vosas actividades. 

#RetoInvestigamos #voznatura #eco-retos

@voznatura

Exploradores

 Exploradores!.Imágenes GIF de prismáticos

As nenas e nenos de primeiro comezan a súa aventura como exploradores! Estades preparados para vivir grandes retos?

#Exploradores #CeipN2. Este será o proxecto de aula do alumnado de 1º este curso. Unha oportunidade única de vivir aventuras fascinantes, que nos iran contando pouco a pouco, onde coñeceran fauna e flora de todo o mundo. A pasalo en grande amigos.

Deporte na Escola

Ping Pong | Ping pong, Pixel art design, Motion design animationTenis de Mesa 23-24.▷ Tenis de Mesa y Ping-Pong: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.15 , 22 e 29 de novembro2023.

            Os vindeiros mércores  15, 22 e 29 de novembro de 2023, vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar.

Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro martes 7 de novembro de 2023.Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

Preme aquí para descargar a folla de inscripción.



by Dr. Radut