Skip to Content

Monthly archive

Curso 23-24

Benvidos ao curso 23/24

O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 23/24. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa, mente feliz e dando respostas aos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida aos profes Xosé, Raquel e Patri, aos que imos botar moito de menos. E queremos darlle a benvida á profe Juncal e ao profe Pablo, novos no equipo, polo que esperamos que gocen moito con nós: coa  profe Mª Carmen Vilches, a profe R.Bea, a profe Lore e a profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.

Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano "Diver-xente" onde cumplir moitos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles".

Deporte na Escola

 CAMPO A TRAVÉS

Woman Running Sticker by EmojiVid for iOS & Android | GIPHY

Sport Running Sticker by Deutsche Hochschule für Prävention und  Gesundheitsmanagement for iOS & Android | GIPHY

 

HORARIO LECTIVO. 

Os vindeiros 26 e 27 de outubro comezaremos as actividades deportivas de Agrudebam. Dentro do proxecto deportivo de centro, unha proba no medio natural que da resposta ao ods 3 Saúde e Benestar. A primeira proba será a proba de campo a través en horario lectivo, onde o máis importante será a participación. Os cursos que participarán serán 2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria. A proba terá lugar nas instalacións deportivas do Borraliño en Soutelo, Salceda de Caselas entre as 10:30h e as 13:00h. Se premedes enriba da foto podedes acceder a información que Agrudebam ten publicada na súa web:das carreiras, distancias, lugar, etc...

Preme aquí para descargar a folla de inscripción de 2º a 5º.

E se o que necesitas e descargar a folla de inscripción de 6º preme aquí.

PREPARAMOS A ECOHORTA

 

PREPARAMOS A ECOHORTA

Curso 23-24

Un grupo de mestres e mestras e familias preparon a horta para que os niveis poidan comezar a plantar.

Moitas grazas as familias que están no "GRUPO DA HORTA DO 2" e  cada ano nos axudan en moitas das actividades que lles porponeños, incluso no mantenemento e coidado da ecohorta.

Xa temos algunhas cousiñas, as que quedaron do curso pasado.

GRAZAS!!

 

 

 

 

SACAMOS O ABONO ECOLÓXICO DO COMPOSTEIRO

SACAMOS O COMPOST PARA A HORTA

Curso 23-24

Esta última semana de setembro estamos a por en marcha a nosa eco-horta. Un grupo mixto de alumnos e alumnas do cole fixeron as labores coa axuda dos mestres e mestras. 

A nosa sorpresa foi cando ao abrir o composteiro nos atopamos con unha terra negra, perfecta para que os cultivos deste ano poidan crecer con moita forza e libres de tóxicos.

Esto danos moita satisfacción e ganas para continuar coas labores de compostaxe neste novo curso.

Animámosvos a que o fagades tamén nas vosas casa!!! 

 

 

 

CONMEMORACIÓNS VOZ NATURA

DÍA INTERNACIONAL DA PRESERVACIÓN DA CAPA DE OZONO

Curso 23-24

 

Dende Voz Natura queremos lembrarvos que o 16 de septembro se conmemora o día da preservación da capa de ozono. Por eso invitamos a nosa comunidade educativa a contribuir dende as nosas casas con este obxectivo, que é responsabilidade de todos. 

Feliz día!!

 

CAMPO A TRAVÉS HORARIO ESCOLAR

Os vindeiros 26 e 27 de outubro comezaremos as actividades deportivas de Agrudebam. Comezamos cunha proba de campo a través en horario lectivo, onde o máis importante será a participación. Os cursos que participarán serán 2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria. A proba terá lugar nas instalacións deportivas do Borraliño en Soutelo, Salceda de Caselas entre as 10:30h e as 13:00h. Se premedes enriba da foto podedes acceder a información que Agrudebam ten publicada na súa web: das carreiras, distancias, lugar, etc...



by Dr. Radut