Skip to Content

Monthly archive

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Inicio | Ti si que es un bo peixe                                                                                                                     Inicio | Ti si que es un bo peixe

 

O 18 e 19 de maio de 2023, tivemos na escola unha visita moi especial, viñeron os amigos de "ti si que es un bo peixe".

(Para máis información preme na imaxe)

Aliméntate ben

Letras Galegas 23

 

 

18 de maio 2023.

Consertassso de Brais das Hortas.

O pasado xoves 18 de maio de 2023, contamos na escola con Brais das Hortas, un consertassso na nosa horta, onde nos naturalizamos coas súas cancións adicadas a horta: Plantamos kiwis, fixemos compost, practicamos actividade físico-saudable co seu "Sachozumba", desbrozamos, sementamos, cos pes na terra.  Un superconsertasso que nos meteu o ritmo da horta no corpo.

Gracias Brais pola túa música.

Deporte en Tui

VIII Triatlón Tui-Porriño.

Sábado 27 de maio de 2023

Marina de Tui

O pasado sábado día 27 de xuño de 2023  tivo lugar o VIII Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e o Club San Telmo, a partires das 16:30h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui estivemos participando na proba de apoio como voluntarios. O alumnado de 6º foi o encargado de recoller a transición, un traballo importante.

Tivemos oportunidade de fotografiarnos co gran triatleta Javier Gómez Noya padriño da proba e gañador dunha prata nas olimpiadas de Londres 2012 e varios campionatos do mundo e de Europa. Grazas a todo o equipo de alumn@s voluntarios.

Actividades no medio natural

Ruta do Río Lagartón

Martes 30 de maio 2023.

 O pasado, martes día 30 de xuño de 2023  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo,  dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.

Unha fantástica xornada onde todo o alumnado gozou das propostas, da natureza, das árbores, prantas e alimentación saudable, facendo unha boa xestión dos residuos. 

Moitas grazas a Raquel, Noelia, Nick, Paula e Elena, grazas a eles todo foi máis doado.

Ruta do Río Lagartón

O pasado, martes día 30 de Maio de 2023  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo,  dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.

( Preme na imaxe para máis información)

VIII Triatlón Tui-Porriño

O pasado sábado día 27 de xuño de 2023  tivo lugar o VIII Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e o Club San Telmo, a partires das 16:30h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui estivemos participando na proba de apoio como voluntarios. O alumnado de 6º foi o encargado de recoller a transición, un traballo importante.

(Preme na imaxe para máis información)

Deporte en Tui

 

Carreira Solidaria Save the Children

 

Sábado 10 de xuño 2023 ( Tui )

              O sábado, día  10 de xuño de 2023, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Save The Children no Paseo da Corredeira, organizada polo CEIP Nº1 de Tui, coa colaboración do Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui.  Gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as e familias que se animen a participar terán que realizar a inscripción no seguinte enlace: https://clubatletismotui.wordpress.com/, na recollida do dorsal, realizarase un donativo a Save The Children, que será a beneficiaria de todo o importe recaudado. 

 

Aliméntate Ben

Faille Click ao teu bocata.Inicio | Fai clic ao teu bocata

O luns 5, martes 6 e mércores 7 de xuño de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 DE TUI viviu, unha mágnifica experiencia cos responsables do programa "Faille Click ao teu Bocata". Aprenderon moitas cousas sobre as conservas, xogaron e mesmo probaron un exquisito bocata. Aquí vos damos mostra de este momento.

 

Deporte na Escola

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Luns 5 de xuño de 2023.

 O pasado luns día 5 de xuño de 2023 tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º. Levouse a cabo en horario de 9:15 a 14:10h. Consistiu nun paseo con probas  dende o colexio pola cidade de Tui e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago durante a actividade.

 

Unha xornada onde o alumnado coñeceu patrimonio, experimentou sensacións e investigou sobre o Camiño.



by Dr. Radut