Skip to Content

Monthly archive

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs animados de deportes | Historia de cristobal colon ...

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Altamira de Salceda.

Curso 22-23

Xoves día 4 de maio de 2023

 O vindeiro xoves  día 4 de maio de 2023,  terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Altamira de Salceda. A xornada levárase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA/6ºB, 3ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe do mesmo, mochila de Educación Física e merenda.

Deporte na Escola

▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 22-23

O pasado mércores día 3 de maio,  tivo lugar a derradeira xornada de competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos e das medallas que gañamos. Parabens a tódol@s participantes, tamén atoparán máis información na web: Agrudebam

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs animados de deportes | Historia de cristobal colon ...

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Altamira de Salceda.Gifs animados de deportes | Historia de cristobal colon ...

Curso 22-23

Xoves día 4 de maio de 2023

 O pasado xoves  día 4 de maio de 2023,  tivo lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Altamira de Salceda. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA/6ºB, 3ºB. Unha xornada onde a deportividade foi a tónica da mañá. 

BOLSAS N.E.A.E.

BOLSAS PARA  ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

para o curso 2024 - 2025

Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:

  • - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 25%).
  • -  Alumnado con trastorno grave de conduta.
  • - Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais.
  • - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  • - TEA.
  • - Altas capacidades.

 

Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:

  • - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 25%.
  • - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.

 A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón.  

 

 

Prazo de presentación:  dende o 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024.

 

Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

Este ano o autor conmemorado é Francisco Fernández del Riego. Os alumnos do CEIP Nº2 estiveron traballando sobre o autor e por aquí vos deixan os PODCAST que fixeron. Espero que vos gusten!!

 

PODCAST 1º CICLO . Que son as letras galegas?

 

 

PODCAST 3º DE EP. Biografía de Francisco Fernández del Riego

 

 

PODCAST 4º EP. Información sobre Francisco Fernández del Riego

 

 PODCAST INFANTIL. Obra do autor para nenos

 

 

PODCAST 6º B E.P

 

PODCAST 5º A E.P

 

 

PODCAST 5º B

 

 

Ademáis de eses PODCAST tamén fixeron unhas caricaturas sobre o autor. Mirade que artistas son!!

 

 

 A caricatura de 2º B foi a gañadora do concurso.

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor conmemorado é Francisco Fernández del Riego. Os alumnos do CEIP Nº2 estiveron traballando sobre o autor e por aquí vos deixan os PODCAST que fixeron.

(Preme na imaxe para máis información)

Deporte na Escola

 

DEPORTE ESCOLAR.Gifs Animados de Atletismo

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 22-23

Venres 19 de maio de 2023

 O vindeiro venres, día 19 de maio de 2019 terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levara a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA e 5ºB

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, gorra, e merenda.

 

Aliméntate ben

BATIDO DE FRESAS DA NOSAGIF: Baile Fresas | Strawberry, Fruit, Food ECOHORTA

Que ledicia ver que os esforzos dan o seu proveito. Os cativos de primeiro recolleron o pasado venres 12 maio a primeira colleita das fresas que plantaron. Con elas fixeron un batido de fresas e leite no eco-comedor que deixou un cheiro exquisito en todo o colexio. Puideron ver, tocar e cheirar as fresas e incluso puxeron en xogo o sentido do oído co son do batedor.



by Dr. Radut