Aliméntate ben
BATIDO DE FRESAS DA NOSA ECOHORTA
Que ledicia ver que os esforzos dan o seu proveito. Os cativos de primeiro recolleron o pasado venres 12 maio a primeira colleita das fresas que plantaron. Con elas fixeron un batido de fresas e leite no eco-comedor que deixou un cheiro exquisito en todo o colexio. Puideron ver, tocar e cheirar as fresas e incluso puxeron en xogo o sentido do oído co son do batedor.