BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
para o curso 2024 - 2025
Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:
- - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 25%).
- - Alumnado con trastorno grave de conduta.
- - Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais.
- - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
- - TEA.
- - Altas capacidades.
Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:
- - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 25%.
- - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.
A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón.
Prazo de presentación: dende o 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024.
Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025